O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Rematado un novo curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil, dando así por rematada a formación que beneficiou a oito persoas do municipio. 

Estos cursos de internet están dirixidos a persoas maiores de 60 anos que están empadroadas no Concello e que pretenden adquirir coñecementos informáticos básicos, para así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. O período de inscrición para este tipo de formación está aberto de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.

Neste senso, a alcaldesa agradeceulle aos asistentes a súa participación e salientou a importancia de seguir ampliando coñecementos independentemente da idade. Unha maneira, salientou a rexedora, que facilitan a creación de novos vínculos e fomentar o sentimento de pertenza a un grupo.

FOTO