O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Actuación musical de Mamá Cabra na Biblioteca dos Tilos

Dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o sábado 13 de maio ás 18:00 horas terá lugar na Biblioteca dos Tilos (Casa Común dos Tilos) a actuación musical "Contos que saen dos libros". Actividade para público familiar, a entrada é de balde ata completar aforo.Haberá un punto de recollida para o Banco de Alimentos (produtos comestibles no perecedeiros, fundamentalmente leite e conservas).

Contos que saen dos libros, de Gloria Mosquera (Mamá Cabra) na Biblioteca dos Tilos
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento