O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Observación do ceo nocturno no patrimonio arqueolóxico

O Concello organiza un obradoiro de astronomía física e cultural no petróglifo de Pena Bicuda. A observación do ceo farase a simple vista, con prismáticos e telescopios. Este verán realizaranse dúas observacións deste tipo, unha o 14 de xullo ás 22:30 horas e a outra o 11 de agosto ás 22:00 horas. A duración da actividade é de entre dúas e tres horas e recoméndase levar roupa axeitada e algo para sentarse no chan. Para asistir a esta observación astronómica comentada sobre a relación entre as estrelas e o patrimonio relixioso hai que anotarse xa que o número de prazas é limitado. Pode facerse no departamento de Cultura ou chamando ao teléfono 981.815.700.

O punto de encontro é a carballeira da igrexa de Luou. Coord. WGS84: 42º 48´11"N/ 8º35´03"W

 

 

Observación astronómica no patrimonio arqueolóxico
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia