O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Todos os mércores, de 10:00 a 12:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, ofrécese un servizo de asesoramento sobre a factura eléctrica de balde. O servizo, dependente do programa Teo Sostible, contará coa presenza do técnico Juan Verdes. Para poder aproveitar o servizo é convinte achegarse coas copias das facturas dos últimos meses para poder avalialas. Cabe destacar que o 8 de outubro remata o prazo para renovar o bono social eléctrico.