O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O venres 19 de outubro ás 18:00 h Os Biosbardos presentan na BPM do Grilo-Cacheiras Como axudo a Antón?, un contacontos sobre o bulling, que se desenrola en dúas partes, unha primeira onde conta a historia, e unha segunda un pequeno debate sobre o tema,onde os nenos califican o comportamento das persoaxes do conto cunhas tarxetas vermellas ou verdes que lles entregan, e entre todos intentan correxir o que consideran que está mal.
Dentro do programa de animación á lectura Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, está recomendado para público de 6 a 12 anos. A entrada é de balde ata completar aforo.