O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O venres 26 de outubro ás 18:00 horas na Biblioteca dos Tilos prográmase a sesión de Contacontos "Contos vivos que fan poesía" dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Trátase dun proxecto de dinamización Lingüística a cargo de Chío Couto onde recrean unha historia do autor homenaxeado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio García Teijeiro pola súa obra "Poemar ao Mar".Viviremos en primeira persoa as aventuras de personaxes de contos e poemas aos que o autor lle da vida xogando a ser poetas.
Pensado para público de 3 a 12 anos a entrada é de balde ata completar aforo