O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CONCELLO DE TEO HOMENAXEA A FIGURA DE ANXEL CASAL

Un 19 de agosto máis, o Concello de Teo lembra a Ánxel Casal e a todas as persoas represaliadas en Teo no mesmo día do mes de agosto no que o seu corpo de Ánxel Casal foi paseado no ano 36.

Nesta edición, os actos céntranse no acto institucional de homenaxe a Ánxel Casal, que se celebrará ás 20.00 horas na Estivada da Ribeira en Cacheiras e na posterior ofrenda floral no monólito de Ánxel Casal, situado no mesmo lugar. No acto de homenaxe estarán representados os concellos de Arzúa, A Coruña, Santiago de Compostela e Teo, así como a Asociación A Oliveira, precursora desta homenaxe.

Realizará o acompañamento musical a este acto o grupo teense Aldomir da A.C. A Mámoa e polo grupo de gaitas da A.C. A Mámoa de Luou.

Con esta serie de actos o Concello de Teo e a Asociación A Oliveira tratan de manter vivo o recoñecemento a Ánxel Casal (A Coruña 1895-Cacheiras 1936), quen destacou polo seu labor como editor e político. Foi o último alcalde republicano da cidade de Santiago e militou no Partido Galeguista dende a súa creación. Tras o triunfo do levantamento do 18 de 1936 de xullo foi detido e paseado o 19 de agosto. O seu corpo apareceu ao carón da estrada en Cacheiras, onde hoxe un monólito lembra a súa memoria.

Ánxel Casal
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento