O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
(EDITADO) Á vista da nova normativa sanitaria, publicada no DOG do 14 de outubro de 2020, Deportes acorda adiar o carreiro previsto para o domingo 18 de outubro. Informarase dunha nova data cando a situación sanitaria o permita dándolle preferencia ás persoas anotadas.
A concellaría de Deportes programou un novo carreiro para o mes de outubro. Neste caso será o domingo
18 de outubro ás 10:30 horas co título ‘As pisadas de San Simón’. O punto de saída será o campo da festa de
de Vilanova en Recesende e durante a ruta pasarase por Casaldomiro, Requián, Pisadas de San Simón, Bustelo, Seoane e volta a Vilanova. Trátase dunha ruta de difi cultade media accesible para persoas acostumadas a camiñar cunha distancia de 7,5 quilómetros. Para anotarse ou solicitar información hai que dirixirse ao correo electrónico deportes@teo.gal ou chamar ao 981 815 700
Deportes iniciou en setembro un programa de sendeirismo anual que nos levará a percorrer todas
as parroquias do Concello. Deste xeito, deséñanse rutas accesibles e recoñecibles para que calquera
as poida realizar sen necesidade de guía ou acompañamento.