O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Os días 15 e 16 de febreiro celébrase o entroido tradicional dos xenerais da Ulla na parroquia de Reis. Ademais de xenerais, correos e comparsas en Reis a comitiva de entroido estará acompañada da figura do Demo, personaxe desta parroquia e única no entroido da Comarca. O atranque farase nas dúas xornadas ao remate da tarde no campo da festa (GPS: 42º 46’ 17.9’’ / 8º 33’ 10.1’’). O sábado 22 celébrase o entroido en Santa María de Teo. O entroido dos xenerais da Ulla está declarado festa de interese turístico de Galicia.