O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Festeo será este ano en liña. E poderase seguir dende o facebook das Bibliotecas municipais de Teo as fins de semana do 5 ao 21 de xuño: https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo
Polo tanto, un ano máis aínda que de xeito diferente, o Festeo recollerá a actividade cultural dos colectivos teenses e virá cargado de música, baile, teatro, patrimonio, xunto cos vídeos integrais do Cantateo 2019 e os Entroidos 2020.
Arrancará o venres 5 coas pílulas culturais da asociación AAVV Carballeira de Francos e Aberteo, continuará o sábado 6 coa Asociación Lúa Chea, nai do Festival MÚSICA NA NOITE que nos ofrecerá un percorrido polos 20 anos deste festival que naceu polo ano 1987, e que sempre estivo pisando forte deixando unha pegada musical de rock e folk importante noso Concello.
Ese mesmo día tamén haberá oco para a asociación máis reivindicativa e das máis numerosas do noso territorio, a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, que nos mostrará a súa actividade realizada durante estes anos.
O domingo 7 daremos paso á música, canto e baile destes catro titáns de asociacións do tradicional como son A Ponte Vella de Reis, A Mámoa de Luou, a S.R. de San Xoán de Calo e a Rosalía de Castro de Cacheiras, que nos amosarán coma sempre o seu talento no eido do folclore.
Máis información sobre o Festeo 2020 premendo aquí