O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Actividade do proxecto Apego:
OBRADOIRO EN LIÑA “Cociña con Crianzas: torta de froitas”, con Tareixa Martínez, técnica en panadaría, repostaría e confeitaría
13 de febreiro en directo ás 11.30 h
O requisito para a inscrición é ter acceso á plataforma dixital Zoom
Obradoiro de cociña para elaborar unha rica banda de froitas coa axuda das nosas crianzas. Cortar, pelar, remexer, untar, saborear... unha estupenda proposta de ocio en familia para gozar dunha merenda deliciosa.
As familias participantes estarán acompañadas durante todo o proceso, de forma que poden realizar preguntas e interactuar en liña entre elas e coa docente.
Enviarase a listaxe da compra previamente á receita.
Dirixido a familias con crianzas de 3 a 6 anos.
Prazas limitadas a 10 familias, de balde con inscrición previa.
Inscricións a partir do 5 de febreiro, por orde de entrada, enviando o nome da persoa que realice a conexión ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal