O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Biblioteca dos Tilos acolle este venres 1 de outubro ás 18:00 horas o contacontos de Paula Carballeira Camiños de mar, terra e vento. A actividade está dirixida a un público familiar para cativada dende os 5 anos.
A actividade é de balde pero é preciso reservar entrada enviando un correo electrónico a entradascultura@teo.gal indicando o nome e número de entradas ademais dun teléfono de contacto. Tamén podes facelo premendo no botón de inscrición das páxinas das bibliotecas ou premendo aquí
Camiños de mar, terra e vento con Paula Carballeira
Polos camiños da terra van quen queren chegar lonxe, de vagar, atopando atrancos, e persoas descoñecidas, e aventuras fantásticas.
Polos camiños do aire van quen adiviñaron como voar, coa axuda de paxaros ou alfombras, de vasoiras ou de rachas de vento.
Polos camiños do mar van quen esperan atopar illas misteriosas, música feita por ondas e sereas.
Actividade realizada coa Rede de Bibliotecas de Galicia a través do programa Ler Conta Moito