O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Obradoiro de impresión en 3D

A concellaría de Mocidade programa para o mes de marzo un obradoiro de impresión en 3D. Esta actividade será o sábado 13 de marzo en horario de 11:00 a 14:00 horas. Trátase dunha actividade programada para hai un ano que houbo que cancelar polo estado de alarma. Nesta ocasión a situación sanitaria segue obrigando a tomar precaucións e o taller será en liña. 

Está dirixido a rapaces/zas de 12 a 16 anos e para inscribirse poden facelo enviando un correo electrónico a mocidade@teo.gal ata que se esgoten as prazas. O acceso ás prazas será por orde de inscrición. 

O obradoiro deste mes centrarase na impresión 3D. Traballarán no ordenador os modelos en 3D e logo recollerase máis adiante a peza deseñada. Ao ser en liña non se poderá facer a impresión en 3D no momento. 

 

obradoiro mocidade
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento