O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Presentación do libro "¡Viva la libertad!"

O venres 4 de xuño, ás 19:30 horas, preséntase o libro ¡Viva la libertad!, no campo da festa do Carmelo (Ameneiro-Calo). Na obra o autor Miguel Paz Cabo recupera a figura do que fora mestre en Ameneiro durante a Segunda República, Fernando Barcia. No acto contaremos co autor, o editor Henrique Alvarellos e a Concelleira de Cultura de Teo Mayte Argibay. Amenizarán o acto músicos da SR San Xoán de Calo.
En caso de choiva trasladarase á Casa Común Marisa Mirás. O aforo é limitado con entrada libre ata completar aforo por orde de chegada.
Adoptaranse os protocolos contemplados para a situación sanitaria. 

libro
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento