O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este ano chegamos á VIII edición das andainas nocturnas ós petróglifos teenses que se organizan en colaboración co Colectivo A Rula e sempre teñen unha gran acollida.
Hai tres saídas programadas, o 16 de xullo, o 13 de agosto e o 10 de setembro.
O 16 de xullo será a que nos levará ata a beira do Angueira e o punto de encontro para o grupo é a Capela dos Milagres de Cornide ás 21:30 horas.
A ruta é duns 5 quilómetros e ten unha duración aproximada de entre dúas e tres horas. Hai 25 prazas e para asistir hai que chamar ao Departamento de Cultura (981.941.063) ou escribir a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas asistentes e un teléfono de contacto.