O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Turismo e Os Quinquilláns ofrecen rutas dramatizados sobre a Batalla de Cacheiras nas fins de semana dos meses de xullo, agosto e setembro. A ruta ten 9 quilómetros polo que se oferta unha ruta para persoas adultas, dende Bamonde ata Montouto, cun autobús de volta ao remate da andaina e outra ruta máis curta para familias na que só se chega ao Recobio nun tramo de algo máis de quilómetro e medio. Durante o percorrido o actor e actriz dos Quinquilláns farán varias paradas nas que debullarán parte deste acontemento histórico.
O 21 de agosto temos ruta para persoas adultas. Os grupos serán de quince persoas e a saída farase ás 10:00 horas dende a Reitoral de Bamonde. Hai que levar roupa e calzado cómodos para andar.
Para participar é preciso inscribirse e podes facelo premendo aquí.