O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Ruta Per Caminho de Lampai

Este sábado terá lugar a Ruta Per Caminho de Lampai, dentro do programa Terras de Santiago: Máis alá de Compostela, que organiza o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela. 

Trátase dunha ruta por un camiño tradicional que parte da capela de Santa Ana (Agrela), bordea a fonte da Grela e discorre fundamentalmente paralelo ao Rego do Tarrío.

Actualmente consérvanse os restos de nove muíños, un deles con restos dun antigo serradoiro. O máis destacable da ruta é a presenza do Marco Medieval, situado na beira do regato, e o cal marca o linde entre os concellos de Teo e Padrón.

Para asisitir é necesario facer reserva previa na lingazón.

Ruta Lampai
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento