O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende esta área organízase, planifícase e xestiónase a actividade cultural municipal, poñendo a disposición da veciñanza unha oferta cultural estable e de calidade.
A programación anual busca cubrir as demandas veciñais para o desenvolvemento dunha actividade social, lúdica e cultural, que vai dende a colaboración coas entidades culturais e sociais do concello, o apoio a iniciativas locais ata a programación dunha ampla carteleira de actividades, como poden ser as seguintes:
– Cursos e obradoiros destinados a todas as idades e niveis de coñecemento
– Festas tradicionais
– Eventos destacados: Nadal, letras galegas, CantaTeo, dia das bibliotecas,
– Espectáculos de teatro, música e cine
A cuarta tenente de alcalde, e membro da Xunta de Goberno Local, xestiona as áreas relacionadas con Cultura, Turismo, Festas Tradicionais e Festexos.