O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 16/12/2016 adxudicaouse o contrato para a execución das obras incluídas no POS 2016, denominadas "ACONDICIONAMENTO DO FIRME DO SOTO E ACCESO Á NAVE DE PROTECCIÓN CIVIL E SERVIZOS BÁSICOS" á empresa "MECANO OBRAS Y REFORMAS, S.L." con estrita suxeición aos pregos de cláusulas administrativas e á súa oferta, polo prezo de 32.688,31 €, IVE engadido (27.015,13 €, máis 5.673,18 € de IVE).
Fixouse o prazo de execución do contrato en 1 mes, contado a partir da data de sinatura da acta de reformulo.
Publicouse no Perfil de Contratante o día 20 de decembro de 2016.
Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:
Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.
Vogais:
-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.
-Mónica Lado Varela, interventora do Concello.
-Ignacio soto González, arquitecto municipal.
-Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal Mixto.
Secretaria:
A adxunta a secretaría do concello.
Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.
Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 18 de outubro, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
A apertura do sobre C “Oferta económica” efectuarase o día 21 de outubro, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil do Contratante o día 10 de outubro de 2016
En data 5 de setembro e 2016 aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único cirterio de valoración (factor prezo), da obra de “Acondicionamento do firme do soto e accesos á nave de Protección Civil e Servizos Básicos”, incluída no PAS 2015, de acordo co seguinte cadro de características:
Entidade adxudicadora: Concello de Teo
Obxecto do contrato: ACONDICIONAMENTO DO FIRME DO SOTO E ACCESOS Á NAVE DE PROTECCIÓN CIVIL E SERVIZOS BÁSICOS
Expediente: O-8/16
Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo).
Orzamento: 55.403,90€ (45.788,35€ de valor estimado do contrato e 9.615,55€ de IVE)
Clasificación: Non se esixe
Clasificación aos efectos de acreditación da solvencia: Grupo C, subgrupo 4, categoría a
Garantía provisional: Non se esixe
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)
Prazo de execución: 1 mes
Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil de Contratante (www.teo.gal)
Proposicións: Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da licitación que se publique no Boletín da Provincia.
Maís información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono : 981 815 700, Fax: 981 809 401
Teo, 7 de setembro de 2016
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP do día 13 de setembro de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día.
Resolto:Resolto