O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

ACONDICIONAMENTO E REPARACIÓN DE PAVILLÓN DEPORTIVO RAMALLOSA, TILOS E LOCALES DO XULGADO E POLICÍA LOCAL

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 15 de maio de 2018 formalizouse o contrato para a execución das obras denominadas "ACONDICIONAMENTO E REPARACIÓN DE PAVILLÓN DEPORTIVO RAMALLOSA, TILOS E LOCALES DO XULGADO E POLICÍA LOCAL" entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicado no Perfil de Contratante o día 1 de abril de 2019.

 

 

A mesa de contratación na súa sesión do 16 de marzo de 2018 acordou, entre outros, requirir ao licitador EXCAVACIONES Y TRANSPORTES BC, S.L. que xustifique as razóns que lle permiten prestar o servizo nas condicións ofertadas.

Publicado no Perfil do Contratante o día 19 de marzo de 2018.

 

Faise público que a mesa de contratación reunirase o día 16 de marzo de 2018, ás 10:15 horas, na Casa do Concello para proceder á apertura dos sobres C "Oferta económica", en acto de carácter público.

Publicado no Perfil do Contratante o día 13 de marzo de 2018.

 

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de conformidade coa Resolución da Alcaldía de data 22 de xaneiro de 2018,  a mesa de contratación estará integrada polos membros que se indican a continuación:

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.

-Mónica I. Lado Varela, interventora do concello.

-Ignacio Soto González, arquitecto municipal.

-Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

- M.ª Dolores Nariño Facal, concelleira do grupo municipal do PP.

Secretaria:

Sandra M.ª García Chenlo, adxunta á secretaría do concello.

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substiúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal por Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municipal e a concelleira do grupo municipal do PP por María Vázquez Rey, concelleira do mesmo grupo municipal. A secretaria da mesa será substituída por un/unha funcionario/a municipal.

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A "Documentación" o día 13 de marzo de 2018, ás 10:30 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil de Contratante o día 5 de marzo de 2018.

 

En data 22 de xaneiro de 2018 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica), da obra denominada “ACONDICIONAMENTO E REPARACIÓN DE PAVILLÓN DEPORTIVO RAMALLOSA, TILOS E LOCALES DO XULGADO E POLICÍA LOCAL”, Expediente núm. O-3/18, incluída no Plan de Acción Social (PAS) Adiciocal 1/2015 e de acordo co seguinte cadro de características:

 

1.- Entidade adxudicadora: Concello de Teo

 

2.- Obxecto do contrato: ACONDICIONAMENTO E REPARACIÓN DE PAVILLÓN DEPORTIVO RAMALLOSA, TILOS E LOCALES DO XULGADO E POLICÍA LOCAL.

 

3.- Expediente: O-3/2018

 

4.- Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica).

 

4.- Orzamento: 57.797,59 € máis 12.137,49 € de IVE

 

5.- Valor estimado do contrato: 57.797,59 €

 

6.- Clasificación: non se esixe

Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo J subgrupo 1 categoría 1 e Grupo C Subgrupo 6 Categoría 1.

 

7.- Garantía provisional: non se esixe

 

8.- Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluido)

 

9.- Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 900,00 €

 

10.- Prazo de execución: 3 meses

 

11.- Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

 

12.- Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

 

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 - Teo - Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401

 

Teo, 22 de xaneiro de 2018

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP nº 21 do 30 de xaneiro de 2018 e no Perfil do Contratante o mesmo día