O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 6 de outubro de 2016 formalizouse o contrato da obra "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN BUSTELO E FREIXEIRO", incluída no POS 2016, entre o Concello e a empresa adxudicataria "FRANCISCO GÓMEZ Y CÍA, S.L.".
Publiouse no Perfil de Contratante o día 20 de outubro de 2016.
ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 29/09/2016 adxudicaouse o contrato para a execución das obras incluídas no POS 2016, denominadas "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN BUSTELO E FREIXEIRO" á empresa "FRANCISCO GÓMEZ Y CÍA, S.L." con estrita suxeición aos pregos de cláusulas administrativas e á súa oferta, polo prezo de 59.815 €, IVE engadido (49.434,00 €, máis 10.381,14 € de IVE).
Fixouse o prazo de execución do contrato en 2 meses, contados a partir da data de sinatura do reformulo.
Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de acordo cos pregos de cláusulas administrativas, a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 7 de setembro, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
A apertura do sobre C “Oferta económica” efectuarase o día 9 de setembro, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicouse no Perfil de Contratante o día 30 de agosto de 2016.
Publícase no BOP do 28/07/2016 a corrección dun erro no anuncio de licitación 0-6/16, da obra denominada 'Afirmado e acondicionamento do viario municipal en Bustelo e Freixeiro'. De acordo con esta corrección, o prazo de presentación de proposicións no Rexistro Xeral do Concello remata o 23 de agosto.
Ademais, publícase o anexo co cadro de características do contrato definitivo (aprobado por resolución nº 619/16 de 27/07/2016).
Publicado en teo.gal o 28 de xullo de 2016.
Publicacións previas:
Publícase a corrección de erro material.
No BOP nº 125 do 04/07/2016 publicouse o anuncio de licitación 0-6/16, mediante procedemento aberto, con único criterio de valoración (factor prezo) da obra denominada 'Afirmado e acondicionamento do viario municipal en Bustelo e Freixeiro'.
Detectado no mesmo un erro material no orzamento, foi preciso proceder á súa corrección, que se levou a cabo mediante Resolución da Alcaldía de 27/07/2016, e onde di:
"Orzamento: 95.833,69 € (73.210,65 € de valor estimado do contrato e 22.623,04 € de IVE)."
Debe dicir:
"Orzamento: 95.833,69 € (79.201,40 € de valor estimado do contrato e 16.632,29 € de IVE)."
Así mesmo acordouse abrir un novo prazo de presentación de proposicións, que poderán presentarse no rexistro xeral do Concello, en horario de oficina durante o prazo de 26 días naturais, contado a partir do seguinte ao da publicación da presente corrección de erros no BOP.
Como consecuencia da presente corrección de erro material quedan sen efecto as convocatorias da mesa de contratación dos días 5 e 10 de agosto de 2016, que foron publicadas no perfil do contratante do Concello de Teo o 22 de xullo de 2016.
Consulte aquí a corrección de erros.
Publicado en teo.gal o 27 de xullo de 2016.
Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación, a mesa de contratación quedará constituída do seguinte modo:
Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.
Vogais:
-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello.
-Mónica Lado Varela, interventora do Concello.
-Ignacio soto González, arquitecto municipal.
-Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.
-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal Mixto.
Secretaria:
A adxunta a secretaría do concello.
Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal Luis Javier Castro Martínez. A secretaria da mesa será substituída por Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.
Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 5 de agosto, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
A apertura do sobre B “Oferta económica” efectuarase o día 10 de agosto, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil do Contratante o día 22 de xullo de 2016
En data 23 de xuño e 2016 aprobouse por Resolución da Alcaldía o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único cirterio de valoración (factor prezo), da obra de “Afirmado e Acondicionamento do viario municipal en Bustelo e Freixeiro”, incluída no POS 2016, de acordo co seguinte cadro de características:
Entidade adxudicadora: Concello de Teo
Obxecto do contrato: afirmado e Acondicionamento do viario municipal en Bustelo e Freixeiro.
Expediente: O-6/16.
Procedemento de adxudicación: procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo).
Orzamento: 95.833,69 € (73.210,65 € de valor estimado do contrato e 22.623,04 € de IVE).
Clasificación: non se esixe.
Clasificación aos efectos de acreditación da solvencia: grupo G, subgrupo 6, categoría a.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído).
Prazo de execución: 2 meses.
Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o perfil de contratante (www.concellodeteo.com)
Proposicións: poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da licitación que se publique no Boletín da Provincia.
Maís información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono 981 815 700, Fax 981 809 401.
Teo, 28 de xuño de 2016.
O alcalde
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP o 4 de xullo de 2016 e no Perfil do Contratante o mesmo día.