O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 3 de agosto de 2016 formalizouse o contrato da obra denominada "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN A HERMIDA E TRASELLAS. CONCELLO DE TEO", cofinanciada pola Unión Europea (fondos FEADER), entre o Concello e a empresa adxudicataria.
Publicado no Perfil de Contratante o día 5 e agosto de 2016.
ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 1 de agosto de 2016 adxudicouse o contrato para a execución da obra denominada "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN A HERMIDA E TRASELLAS. CONCELLO DE TEO", cofinanciada pola Unión Europea (fondos FEADER), á empresa "MARTÍNEZ MONTES E HIJOS, S.L." con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 41.575,00 €, máis 8.730,75 € de IVE (total 50.305,75, IVE engadido).
Fixouse o prazo de execución do contrato en 15 días naturais, contados a partir da data de sinatura da acta de reformulo.
Publicado no Perfil de Contratante o día 4 de agosto de 2016.
Faise público que de acordo cos pregos de cláusulas administrativas aprobados por Resolución da Alcaldía de data 01/06/2016, a mesa de contratación estará constituída do seguinte modo:
-Presidente: O alcalde do concello, ou concelleiro/a en quen delegue
-Vocais:
-Secretaria: M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta á secretaría do concello.
-Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a fucionario/a que legalmente as substitúan; o arquitecto municipal por D. Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico do concello; o concelleiro de servizos básicos por D.ª Uxía Lemus de La Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade. A secretaria da mesa será substituída por D.ª Verónica Iglesias Barreiro, administrativa adscrita á secretaría xeral.
Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A "Documentación" o día 11 de xullo, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
A apertura do sobre B "Oferta económica" efectuarase o día 14 de xullo, ás 10:00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicado no Perfil do Contratante o día 28 de xuño de 2016.
En data 1 de xuño e 2016 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, da obra de “Afirmado e acondicionamento do viario municipal en A Hermida e Trasellas. Concello de Teo”, cofinanciada pola Unión europea ao abeiro do PDR de Galicia 2014 – 2020 (fondos FEADER), polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, de acordo co seguinte cadro de características:
Entidade adxudicadora: Concello de Teo
Obxecto do contrato: AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN A HERMIDA E TRASELLAS. CONCELLO DE TEO
Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, con varios criterios de valoración
Orzamento: 76.221,54€ (62.993,01€ de valor estimado do contrato e 13.228,53€ de IVE)
Clasificación: Non se esixe
Clasificación aos efectos de acreditación da solvencia: Grupo G, subgrupo 6, categoría a
Garantía provisional: Non se esixe
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)
Prazo de execución: 2 meses
Información: Os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil de Contratante (www.concellodeteo.com)
Proposicións: Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de nove a catorce horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do último anuncio da licitación que se publique no Boletín da Provincia ou no Perfil de Contratante.
Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 Teo. Teléfono : 981 815 700, Fax: 981 809 401
Teo, 1 de xuño de 2016
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP da Coruña o día 9 de xuño de 2016 e no Perfil de Contratante o mesmo día