O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL NO MONTE DE A LAGOA

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 15 de maio de 2018 formalizouse o contrato para a execución das obras denominadas "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL NO MONTE DE A LAGOA" entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicado no Perfil de Contratante o día 1 de abril de 2019.

 

 

A mesa de contratación na súa reunión do día de hoxe, acordou reunirse o día 28 de marzo de 2018, ás 10:15 horas na Casa do Concello para proceder á apertura dos sobres B en acto de carácter público.

Publicado no Perfil de Contratante o día 26 de marzo de 2018.

Remato o prazo de presentación de solicitudes faise público que, de acordo coa Resolución da Alcaldía de data 15 de xaneiro de 2018, pola que se aproba o expediente de contratación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:

 

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

- Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello

- Mónica I. Lado Varela, interventora do concello

- Ignacio Soto González, arquitecto municipal

- Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade

- M.ª Dolores Nariño Facal, concelleira de grupo municipal do PP

Secretaria:

Sandra M.ª García Chenlo, adxunta á secretaría xeral do concello

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal por Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municipal e a concelleira do grupo municipal do PP por María Vázquez Rey, concelleira do mesmo grupo municipal. A secretaria da mesa será substituída por un/unha funcionario/a municipal.

 

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A "Documentación" o día 26 de marzo de 2018, ás 10:00 horas nas dependencias municipais.

Publicado no Perfil do Contratante o día 14 de marzo de 2018.

 

En data 15 de xaneiro de 2018 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica), da obra denominada “AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL NO MONTE DE A LAGOA”, Expediente núm. O-1/18, subvencionado no 97,40% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e de acordo co seguinte cadro de características:

  1. Entidade adxudicadora: Concello de Teo

  2. Obxecto do contrato: AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL NO MONTE DE A LAGOA

  3. Expediente: O-1/2018

  4. Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, con un único criterio de valoración (oferta económica)

  5. Orzamento: 50.032,12 € máis 10.506,74 € de IVE

  6. Valor estimado do contrato: 50.032,12 €

  7. Clasificación: non se esixe

      Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo G subgrupo 4 categoría 1

  1. Garantía provisional: non se esixe

  2. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

  3. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 900,00 €

  4. Prazo de execución: 2 meses

  5. Información: os pregos de cláusulas administrativas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

  6. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 – Teo – Teléfono 981 815 700, Fax: 981 809 401

Teo, 15 de xaneiro de 2018

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no DOG  e no BOP nº 29 do 9 de febreiro de 2018 e no Perfil do Contratante o mesmo día.

Arquivos