O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ANUNCIO DE NOMEAMENTO PUBLICADO NO BOP
O BOP número 64 do 3 de abril publica o anuncio de nomeamento de persoal funcionario.
Resolución da Alcaldía n.º 388/2023, de 27 de marzo, do Concello de Teo, de nomeamento de funcionaria de carreira.
Rematado o procedemento incluído no marco do proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do disposto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pertencente á OEP 2022, a Resolución da Alcaldía n.º 388/2023, de 27 de marzo, do Concello de Teo, resolveu o nomeamento de Pilar Rodríguez Iglesias, provista de DNI nº ***1580**, como funcionaria de carreira, para a praza de alguacil - porteira.
Consulta aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 3 de abril de 2023.
REQUERIMENTO DOCUMENTACIÓN PARA NOMEAMENTO E APROBACIÓN DA BOLSA
Publícase a resolución pola que se aproba a proposta do Tribunal do nomeamento de Pilar Rodríguez Iglesias, provista de DNI nº ***1580**, como funcionaria de carreira, para ocupar a praza de alguacil - porteira.
Consulta aquí a resolución completa.
Requíreselle á candidata que presente a documentación conforme ao previsto nas Bases.
Apróbase a creación da bolsa de emprego de alguacil-porteira/o coa relación de aspirantes que podes consultar premendo aquí.
Publicado en teo.gal o 23 de marzo de 2023.
ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE ALGUACIL-PORTEIRO/A. FUNCIONARIO/A DE CARREIRA.
O tribunal publica a puntuación final total das persoas aspirantes do proceso selectivo, eleva á Alcaldía a referida relación de aspirantes para proceder ao nomeamento como alguacil-porteiro/a, funcionaria de carreira, a D.ª Pilar Rodríguez Iglesias, con DNI ***1580** por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo e propón á Alcaldía a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas.
Consulta aquí a acta do tribunal co resultado da baremación.
Contra a baremación as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación. O prazo de reclamacións esténdese do 16 ao 20 de marzo de 2023.
Publicado en teo.gal o 15 de marzo de 2023.
LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. ALGUACIL-PORTEIRO/A. FUNCIONARIO/A DE CARREIRA.
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de alguacil-porteiro/a, funcionario de carreira.
Consulta aquí a lista definitiva
No decreto de aprobación da lista definitiva tamén se nomea o tribunal cualificador.
Convocar aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 15 de marzo ás 09.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.
Publicado en teo.gal o 2 de marzo de 2023.
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. ALGUACIL-PORTEIRO/A. FUNCIONARIO/A DE CARREIRA.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de alguacil-porteiro/a, funcionario de carreira.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 24 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023.
Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:
Publicado en teo.gal o 23 de xaneiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. ALGUACIL-PORTEIRO/A.
Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro.
O BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de alguacil-porteiro/a, funcionario/a, pertencente á Administración Xeral, Subalterna, grupo AP.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de alguacil-porteiro/a.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. ALGUACIL-PORTEIRO/A.
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
O anuncio inclúe a convocatoria da praza de alguacil-porteiro/a, funcionario/a, pertencente á Administración Xeral, Subalterna, grupo AP.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE ALGUACIL-PORTEIRO/A.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase a praza de alguacil-porteiro/a, funcionario/a, pertencente á Administración Xeral, Subalterna, grupo AP.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
anuncio BOE - 16.12.22_2.pdf | 190.19 KB |
anuncion dog estabilizacion_0_2.pdf | 411.82 KB |
bases estabilizacion disposicions 6 e 8 _2.pdf | 252.57 KB |
Instancia_estabilización_concurso_2.pdf | 67.21 KB |
Listas provisionais_Alguacil_porteiro_a.pdf | 52.63 KB |
Listas definitivas_alguacil porteiro_a.pdf | 63.4 KB |
Acta baremación estabilización praza alguacil-porteiro-a.pdf | 168.76 KB |
Resolución requirimento nomeamento e lista agarda alguacil porteiro.pdf | 57.77 KB |
anuncio BOP alguacil porteira.pdf | 97.23 KB |