O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

APROL RURAL 2025

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

RESULTADO EXAME PRÁCTICO. APROL RURAL 2025.

De acordo coas bases que rexen a convocatoria, o Tribunal ACORDA:

1º. Cualificar aos aspirantes Manoel Amado Ogando e Manuel Regueiro Ferreira como aptos.

2º. Propoñer á Alcaldía a contratación de ámbolos dous como traballadores forestais (Categoría OF. 2ª GC8), por período de nove (9) meses, xornada completa, ao abeiro da concesión de subvención para o fomento do emprego no medio rural APROL RURAL 25 (DOG nº 50, de 13/03/2025).

Publicado en teo.gal o martes, 10 de xuño de 2025.

 

ACTA VALORACIÓN DE MÉRITOS. APROL RURAL 2025. 

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria, procédese a valorar os méritos achegados e xustificados polos aspirantes admitidos, aplicando a valoración que se recolle no Anexo I das citadas bases.

Publicado en teo.gal o mércores, 4 de xuño de 2025.

 

LISTA DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO DE TRABALLADORES FORESTAIS. APROL RURAL 2025. 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de traballador forestal para o Concello de Teo (APROL RURAL 25). 

Convócase ao tribunal para o mércores 4 de xuño de 2025, ás 10.00 da mañá na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo. 

Convócase ás persoas aspirantes admitidas para o vindeiro día 9 de xuño de 2025, ás 12:00 horas,  na nave do Concello sita no lugar de Lucí nº58, aos efectos da realización da proba práctica.