O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ANUNCIO DE NOMEAMENTO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE TEO
Publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a resolución da Alcaldía núm. 436/24 do 08 de abril de 2024 resolveu o nomeamento como funcionaria de carreira a Olivia Souto Freiría, con DNI nº ***1504**, para prover unha (1) praza de arquitecta técnica, grupo A2, adscrita á Área de Urbanismo.
REQUIRIMENTO DOCUMENTACIÓN ARQUITECTA TÉCNICA
Aprobar a proposta do Tribunal respecto do nomeamento de Olivia Souto Freiría, provista de DNI nº ***1504**, como funcionaria de carreira, para ocupar a praza de arquitecta técnica, grupo A2.
Notificar a presente Resolución á candidata proposta requiríndolle, para que no prazo de vinte (20) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, presente a declaración responsable segundo o modelo facilitado polo Concello, de que segue reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados no momento de terse presentado ao proceso selectivo.
Non se fai pronunciamento expreso respecto da creación da bolsa de emprego ao non existir persoas aspirantes para integrarse naquela.
PUBLICACIÓN DA BAREMACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO E PUNTUACIÓN FINAL
De acordo co previsto nas bases oitava, novena e décima das que rexen o proceso selectivo dunha praza de arquitecto/a técnico/a correspondente á oferta de emprego publico 2022, e segundo o acordado polo Tribunal o 27 de febreiro de 2024, faise pública a baremación definitiva de méritos da fase de concurso e a puntuación final total da persoa candidata que superou o proceso selectivo.
PUBLICACIÓN DA BAREMACION DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO
Reunido o tribunal do proceso selectivo dunha praza de arquitecto/a ténico/a, en sesión celebrada o 6 de febreiro de 2024, e realizada a baremación de méritos da fase de concurso, o resultado é o que se detalla no arquivo adxunto.
Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presente publicación, que terá lugar no día da data, 7 de febreiro de 2024, rematando o prazo o 21 de febreiro de 2024.
CORRECCIÓN PUBLICIDADE PUNTUACIÓNS SEGUNDO EXERCICIO
Advertido un erro na publicación dun dos supostos do segundo exercicio (suposto 1), ao publicarse unicamente o texto do exercicio, omitíndose as preguntas formuladas, por medio do presente procédese novamente a publicar, no día da data, o segundo exercicio da fase de oposición (suposto práctico 1 e suposto práctico 2), nos lugares indicados, concedéndose un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de reclamacións, prazo que rematará o xoves 25 de xaneiro de 2024.
PUBLICACIÓN DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN, PUNTUACIÓNS DA PERSOA ASPIRANTE PRESENTADA E DATA DA BAREMACIÓN DE MÉRITOS
De conformidade co acordado polo Tribunal e segundo o previsto na base oitava das que rexen a convocatoria, por medio do presente faise público o segundo exercicio da fase de oposición, incorporado como anexo á presente, e a puntuación obtida pola única aspirante presentada, publicándose na Sala de Xuntas da Casa do Concello, lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios, e na páxina web municipal (www.teo.gal), concedéndose un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de reclamacións e/ ou alegacións, prazo que se contará dende o día seguinte ao da publicación do presente nos lugares indicados, publicación que terá lugar no día da data, 17 de xaneiro de 2024, rematando o prazo o venres 19 de xaneiro de 2024.
MODIFICACIÓN DA DATA DO SEGUNDO EXERCICIO
Como consecuencia de circunstancias sobrevidas, que non permiten ao Tribunal reunirse o día indicado, resulta preciso modificar a data citada, e así o segundo exercicio da fase de oposición celebrarase o venres 12 de xaneiro de 2024 ás 10:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial, reuníndose o Tribunal ás 08:00 horas para a configuración do citado exercicio.
PUBLICACIÓN DO PRIMEIR EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN, DAS PUNTUACIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES E DA DATA DO SEGUNDO EXERCICIO
O segundo exercicio da fase de oposición celebrarase o xoves 11 de xaneiro de 2024 ás 11:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
PUBLICACIÓN DA DATA DO PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2022
De conformidade co previsto na bases sexta e novena das que rexen o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha praza de arquitecto/a técnico/a correspondente á oferta de emprego público 2022, e segundo o acordado polo Tribunal o día 30 de novembro de 2023, faise público que o primeiro exercicio da fase de oposición celebrarase o xoves 14 de decembro, ás 12:30 horas, no Auditorio Constante Liste, sito na rúa da Lagoa nº 2.
MODIFICACIÓN DATA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL
Publícase a resolución pola que se convoca aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 30 de novembro de 2023, ás 13.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal.
Consulta aquí a resolución.
Publicado en teo.gal o 20 de novembro de 2023.
LISTAS DEFINITIVAS PRAZA ARQUITECTO/A TÉCNICO/A
Apróbase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para o nomeamento, persoal funcionario de carreira, dunha/dun (1) arquitecta/o técnica/o, correspondente á Oferta de emprego público de 2022.
Así mesmo, apróbase a modificación do tribunal e a convócase para a súa constitución
Consulta aquí a resolución.
Publicado en teo.gal o 27 de outubro de 2023.
LISTAS PROVISIONAIS PRAZA ARQUITECTO/A TÉCNICO/A
Publícanse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso para a contratación, en réxime de funcionario/a de carreira, dunha praza de arquitecto/a técnico/a, mediante o sistema de concurso-oposición.
Consulta aquí a lista provisional
De conformidade co previsto na base sexta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo de reclamación, abrangue do venres 17 de febreiro ao 3 de marzo, ambos os dous incluídos.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixisen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou correccións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.
Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:
Presentarase a instancia empregando o modelo oficial publicado na páxina web e que podes descargar premendo aquí ou o publicado no Boletín Oficial da Provincia.
En canto á relación de méritos, deberá presentarse a mesma nun documento indicando nome e apelidos da persoa aspirante, DNI e detallarase a documentación que se presentou ao respecto: cursos, contratos, tomas de posesión, vida laboral, etc.
Publicado en teo.gal o 16 de febreiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE DA CONVOCATORIA PARA A PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
O BOE número 313 do 30 de decembro publica o anuncio da da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 229, de 2 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer unha praza de Arquitecta/o Técnica/o, funcionaria/o de carreira, a cubrir polo sistema de concurso-oposición.
Publicouse o anuncio da citada convocatoria no Diario Oficial de Galicia, núm. 245, de 27 de diciembre de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».
O prazo para a presentación de instancias para participar no proceso vai do 2 de xaneiro ao 30 de xaneiro de 2023.
Decarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municiapl e no portal de transparencia do Concello de Teo.
Publicado en teo.gal o 30 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DA CONVOCATORIA E BASES PARA A PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A.
O DOG número 245 do 27 de decembro publica o ANUNCIO da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a.
Consulta aquí o anuncio completo
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Publicado en teo.gal o 27 de decembro de 2022.
CORRECCIÓN DE ERROS DAS BASES DA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A
Publícase no BOP nº 229 do 2 de decembro de 2022 unha corrección de erros do anuncio publicado no BOP núm. 201 do 24.10.2022, relativo á convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de de arquitecto/a técnico/a (OEP 2022)
Advertido erro no anuncio publicado no BOP número 201 do día 24 de outubro de 2022, relativo á convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a correspondente á oferta de emprego público 2022, a Resolución da Alcaldía nº 1552/2022, de 25 de novembro procedeu á corrección de erros no relativo á puntuación da fase de concurso, quedando a redacción das bases segundo consta no Anexo.
Podes consultar o anuncio completo premendo aquí
Publicado en teo.gal o 2 de decembro de 2022.
CONVOCATORIA E BASES PARA A PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A.
O BOP número 201 do 24 de outubro de 2022 publica o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionario/a de carreira, dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a correspondente á oferta de emprego público 2022.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1322/2022, de 18 de outubro, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de arquitecto/a técnico/a, mediante o sistema de concurso – oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da devandita Resolución no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria que podes consultar premendo aquí.
Publicado en teo.gal o 24 de outubro de 2022.