O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Axudas para o ensino e o transporte curso escolar 2026/2027

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

CONVOCATORIA DAS AXUDAS

Obxecto das axudas:
O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de
bolsas de estudo para os gastos de material escolar, ( poden incluírse como material escolar, instrumentos musicais
solicitados polos centros ), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación
universitaria en familias con menos recursos económicos.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
a) A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

b) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, do 10 de novembro ao 9 de decembro, ambos incluidos.

Publicado en teo.gal o luns, 9 de novembro de 2026.