O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
CONVOCATORIA DAS AXUDAS
Obxecto da convocatoria.
O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, (pode incluírse como material escolar, instrumentos musicais solicitados polos centros), libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.
Destinatarios/as e requisitos.
Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:
- PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA).
- ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores.
- FP OU PCPI: calquera centro público.
- BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores.
- UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.
- ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES: calquera centro galego.
- ALUMNADO DE NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS: calquera centro de ensinanza especial galego.
b) Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.
c) Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2023.
d) Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2024/2025 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
e) Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
f) As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.
g) Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área de transporte metropolitano de Santiago. Alumnado de:
a. Formación Profesional .
b. PCPI.
c. Universitarios.
d. Alumnado de Bacharelato.
e. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.
h) O alumnado de necesidades educativas especiais (NEE) poderá ser beneficiario da axuda de transporte dentro da área metropolitana de Santiago sempre que poida acreditar a imposibilidade do seu uso.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
a) A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
b) O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.
Importe máximo e crédito orzamentario
O importe total para axudas de ensino e transporte prevese en 35.000 €, e levarase a cabo mediante a tramitación anticipada de gasto que se imputará ao crédito do exercicio 2025, á aplicación orzamentaria 320/480.00, ao abeiro do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo). De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.
Attachment | Size |
---|---|
241119_BASES CONVOCATORIA AXUDAS ENSINO E TRANSPORTE.pdf | 170.38 KB |