O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
DECLÁRASE DESERTO O PROCESO SELECTIVO DA BOLSA DE ANIMADOR/A DEPORTIVO/A
Publícase que se declara deserta a convocatoria do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha animador/a deportivo/a, convocado pola Resolución da Alcaldía nº 696/2022, de 24 de maio.
Consulta aquí a resolución completa.
Publicado en teo.gal o 28 de setembro de 2022.
FOLLA DE RESPOSTAS DO EXAME DA BOLSA DE ANIMADOR/A DEPORTIVO
Publícase a folla de respostas do exame da bolsa de animador/a deportivo/a
Publicado en teo.gal o 22 de setembro de 2022.
RESULTADO DO PRIMEIRO EXERCICIO. BOLSA ANIMADOR/A DEPORTIVO/A
Reunido o tribunal para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dunha persoa como animador/a deportivo/a para o Concello de teo, e realizado o primeiro exercicio da fase de oposición, publícanse os resultados
Consulta aquí o resultado da proba.
Á vista das puntuacións obtidas neste primeiro exercicio da fase de oposición, considerando a base oitaba do proceso selectivo, as persoas aspirantes non acadan a puntuación necesaria para superar o exercicio.
En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal declara deserto o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dunha persoa como animadora deportiva para o Concello de teo.
Publicado en teo.gal o 14 de setembro de 2022.
DATA DO PRIMEIRO EXERCICIO
O tribunal cualificador do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal dun/dunha animador/a deportivo/a, acordou, na súa sesión de constitución que tivo lugar o xoves 25 de agosto ás 9.00 horas, que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día 13 de setembro de 2022, ás 9:30 horas. As persoas aspirantes deberán presentar a documentación identificativa. O exercicio desenvolverase no edificio do Auditorio Municipal “Constante Liste”, rúa da Lagoa, A Ramallosa.
Publicado en teo.gal o 29 de agosto de 2022.
LISTAXE DEFINITIVA PERSOAS ADMITIDAS.
Publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego de animador/a deportivo/a.
Consulta aquí a listaxe completa
Publicado en teo.gal o 9 de agosto de 2022
LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDAS. ANIMADOR/A DEPORTIVO/A.
Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de animador/a deportivo/a no Concello de Teo.
Consulta aquí a lista provisional
O prazo de subsanación é de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución coa lista provisional no taboleiro e na web municipal. Deste xeito o prazo vai do venres 15 ao xoves 21 de xullo, ambos incluídos.
Publicado en teo.gal o 14 de xullo de 2022.
ANUNCIO NO DOG E APERTURA DE PRAZO DE SOLICITUDES. ANIMADOR/A DEPORTIVO/A.
Publícase no DOG número 122 do martes 28 de xuño o anuncio da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de animador/a deportivo/a no Concello de Teo.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Deste xeito o prazo de presentación de solicitudes vai do 29 de xuño ao 12 de xullo, ambos incluídos.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 101, do 30 de maio de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo.
Consulta aquí as bases da convocatoria.
Descarga aquí a instancia.
Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2022.
Publícase o anuncio da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de animador/a deportivo/a para o Concello de Teo.
A Resolución da Alcaldía nº 696/2022, de 24 de maio, aprobou a convocatoria e as Bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de animador/a deportivo/a.
O anuncio publicouse no BOP nº 101 do 30 de maio de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.
Consulta aquí as bases completas da convocatoria.
Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
bases_bolsaanimador_a_deportiva.pdf | 169.01 KB |
Instancia_bolsa_animadordeportivo.pdf | 73.61 KB |
Anuncio DOG bolsa_animadordeportivo.pdf | 390.99 KB |
Resolución lista provisional_animador_adeportivo_a.pdf | 94.28 KB |
Resolución lista definitiva_0.pdf | 93.59 KB |
resultadoprobaanimadoradeportiva.pdf | 151.08 KB |
modelo_respostas exame amimador_a deportivo_a.pdf | 644.68 KB |
exame animador_a deportivo_a castelan.pdf | 102.28 KB |
Resolución_deserto_proceso_selectivo.pdf | 88.95 KB |