O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

BOMBEO DE SANEAMENTO EN A ÍNSUA, LUOU

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 16 de xullo de 2018 formalizouse o contrato para a realización da obra denominada “BOMBEO DE SANEAMENTO EN A ÍNSUA, LUOU entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicado anuncio de formalización do contrato no BOP nº 65 do 04/04/2019 e no Perfil de Contratante o mesmo día.

 

 

Faise público que a mesa de contratación na súa sesión do 30 de abril, acordou volver a reunirse para a valoración da desproporcionalidade das ofertas presentadas o próximo día 9 de maio, ás 09:30 horas na Casa do Concello.

Publicouse no Perfil do Contratante o día 2 de maio de 2018.

 

Faise público que a mesa de contratación, na súa sesión do día de hoxe, acordou que a apertura do sobre C "Oferta económica" se efectuará o vindeiro día 30 de abril, ás 09:30 horas, en acto público na Casa do Concello.

Publicado no Perfil do Contratante o día 26 de abril de 2018.

 

Rematado o prazo de presentación de proposicións faise público que, de conformidade cos pregos que rexen a contratación, a mesa de contratación estará integrada polos membros que se indican a continuación:

Presidente: alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa.

Vogais:

D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello de Teo.

D.ª Mónica Lado Varela, interventora do concello de Teo.

D. Ignacio Soto González, arquitecto do concello de Teo.

D.ª Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

D. Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo mixto.

Secretaria: Sandra M.ª García Chenlo, adxunta á secretaría do concello de Teo.

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; o arquitecto municipal por D. Luis Javier Castro Martínez, arquitecto técnico municipal; a concelleira de urbanismo, vivenda e sostiblidade, por D. Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas e a secretaria da mesa, por un/unha funcionario/a municipal.

 

Así mesmo, faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 26 de abril de 2018, ás 09:30 horas nas dependencias municipais.

 

Publicado no Perfil do Contratante o día 19 de abril de 2018.

 

Detectado un erro material na cantidade correspondente ao IVE, por Resolución da Alcaldía de data 19 de marzo de 2018 procédese a corrixir o erro advertido no expediente en relación á cantidade referente ao IVE, polo que onde di 44.886,46€, debe dicir 44.880,46€.

Publicado no Perfil do Contratante o día 20 de marzo de 2018.

En data 5 de marzo de 2018, por acordo da Xunta de Goberno Local, aprobouse o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración (oferta económica), da obra denominada “BOMBEO DE SANEAMENTO EN A ÍNSUA, LUOU”, Expediente núm. O-4/18, con cargo ao POS+2017 da Deputación Provincial, e de acordo co seguinte cadro de características:

  1. Entidade adxudicadora: Concello de Teo

  2. Obxecto do contrato: BOMBEO DE SANEAMENTO EN A ÍNSUA, LUOU

  3. Expediente: O-4/2018

  4. Tramitación e procedemento de adxudicación: Tramitación ordinaria e procedemento aberto, cun único criterio de valoración (oferta económica)

  5. Orzamento: 213.716,48 € máis 44.886,46 € de IVE

  6. Valor estimado do contrato: 213.716,48 €

  7. Clasificación: non se esixe

          Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo E subgrupo 1 categoría 2

  1. Garantía provisional: non se esixe

  2. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído)

  3. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación a conta do contratista: 600,00 €

  4. Prazo de execución: 4 meses

  5. Información: os pregos de cláusulas administrativas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal)

  6. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883 – Teo – Teléfono 981 815 700, Fax: 981 809 401

Teo, 5 de marzo de 2018

O alcalde,

 

Rafael C. Sisto Edreira

Publicado no BOP nº 46 do 7 de marzo de 2018 e no Perfil de Contratante o mesmo día.