O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
LISTAXES DEFINITIVAS CAMPAMENTOS DE VERÁN
Publícanse as listaxes definitivas dos Campamentos de verán.
ACTA DO RESULTADO DO SORTEO DA ORDE DA LISTAXE DE AGARDA NO CAMPAMENTO XUVENIL 2023
Detectado un erro no sorteo realizado o 9 de xuño de 2023 para a determinación da orde da listaxe de agarda no Campamento de verán xuvenil pola falta de incorporación dun expediente ao mesmo, procedeuse á realización dun novo sorteo o día 19 de xuño na aula de informática do Concello de Teo sita no Auditorio Municipal Constante Liste.
Pode consultar o resultado aquí.
LISTAXES PROVISIONAIS CAMPAMENTOS DE VERÁN
Publícanse as listaxes provisionais dos Campamentos de verán.
A adxudicacación da praza está indentificada polo número de rexistro de entrada.
O período de pagamento é do 13 ao 23 de xuño, ámbolos dous incluídos.No caso de non aboar as taxas nese período perderase o dereito á praza adxudicada provisionalmente.
Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
A listaxe definitiva será publicada o 27 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
A listaxe de agarda para o campamento xuvenil, confeccionouse tendo en conta a prioridade das crianzas censadas no Concello de Teo, e a orde estableceuse a través do resultado do sorteo realizado o 9 de xuño. Pode consultar a acta do sorteo aquí.
O Concello abre a inscrición para os campamentos o 22 de maio. A oferta diversifícase nos campementos rurais que se farán no mes de xullo en Teo con diversas temáticas e nos campamentos de verán, fóra do Concello, durante o mes de agosto.
Campamentos en Oleiros
Os campamentos do mes de agosto faranse no albergue de Santa Cruz de Oleiros e haberá un xuvenil e outro infantil para nenos/as máis pequenos/as.
A inscrición tamén está aberta do 22 de maio ao 2 de xuño e débese entregar a ficha de inscrición neste período por rexistro ou sede electrónica. No caso de ter máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o 9 de xuño.
A listaxe de persoas admitidas publicarase o 13 de xuño. A cota dos campamentos é de 90 euros. O pagamento farase ata o 23 de xuño. As persoas admitidas recibirán por correo electrónico a folla de autoliquidación.
Consultar bonificacións no BOP núm. 195 do 13/10/2011 e no BOP núm. 12 do 20/01/2020. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
Attachment | Size |
---|---|
Folla inscrición Campamentos veran 2023.pdf | 944.9 KB |
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS E ADMITIDOS CAMP INFANTIL.odt | 193.4 KB |
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS E ADMITIDOS CAMP XUV.pdf | 68.27 KB |
RESULTADO SORTEO_signed.pdf | 152.87 KB |
RESULTADO SORTEO 19 DE XUÑOodt_signed.pdf | 153.29 KB |
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS E ADMITIDOS CAMP INFANTIL.pdf | 48.83 KB |
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS E ADMITIDOS CAMP XUV.pdf | 50.36 KB |