O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
LISTAXES DEFINITIVAS DOS CAMPAMENTOS RURAIS
Publícanse as listaxes definitivas dos Campamentos rurais.
Pode consultar as listaxes aquí.
LISTAXES PROVISIONAIS DOS CAMPAMENTOS RURAIS
Publícanse as listaxes provisionais dos Campamentos rurais.
Pode consultar as listaxes aquí.
A adxudicacación da praza está indentificada polo número de rexistro de entrada.
O período de pagamento é do 13 ao 23 de xuño, ámbolos dous incluídos.No caso de non aboar as taxas nese período perderase o dereito á praza adxudicada provisionalmente.
Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
A listaxe definitiva será publicada o 27 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
O Concello abre a inscrición para os campamentos o 22 de maio. A oferta diversifícase nos campementos rurais que se farán no mes de xullo en Teo con diversas temáticas e nos campamentos de verán, fóra do Concello, durante o mes de agosto.
En xullo teremos catro actividades dirixidas a rapazada de 12 a 18 anos en horario de 10 a 14 horas en distintas casas comúns. Unha temática cada semana:
Cada actividade ten 20 prazas e para participar hai que presentar a ficha de inscrición por rexistro físico ou sede electrónica entre o 22 de maio e o 2 de xuño.
A listaxe de persoas admitidas publicarase o 13 de xuño. A cota dos campamentos é de 20 euros por semana. O pagamento farase ata o 23 de xuño. As persoas admitidas recibirán por correo electrónico a folla de autoliquidación.
Consultar bonificacións no BOP núm. 195 do 13/10/2011 e no BOP núm. 12 do 20/01/2020. No caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
Attachment | Size |
---|---|
Folla inscrición Campamentos rurais 2023.pdf | 932.52 KB |
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS E ADMITIDOS CAMP RURAIS XULLO.pdf | 51.64 KB |
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS E ADMITIDOS CAMP RURAIS XULLO.pdf | 46.88 KB |