O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

CAPATAZ/A DE PROTECCIÓN CIVIL. ESTABILIZACIÓN.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publicación no BOP número 228 da Resolución da Alcaldía 850/2023, de 13 de xullo, resolveu a contratación como persoal laboral fixo de Julio Golán Míguez, con DNI núm. ***8558**, para ocupar a praza de capataz de Protección Civil, subgrupo C2, correspondente ao proceso extraordinario de estabilización (Lei 20/2021, de 28 de decembro).

 

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO

Rematado o proceso selectivo para a prover unha praza de capataz/a de Protección civil, persoal laboral fixo, resolveu contratar como persoal laboral fixo a Julio Golán Míguez, con DNI nº ***8558**, para prover unha (1) praza de capataz de Protección Civil con efectos da data da presente Resolución.

Consulta aquí a resolución.

Publicado en teo.gal o 14/07/2023.

 

REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN E APROBACIÓN DA BOLSA DE CAPATAZ/A PROTECCIÓN CIVIL

Publícase o requerimento da documentación e a aprobación da bolsa de emprego de capataz de Protección Civil.

Publicado en teo.gal o 04/07/2023.

 

ACTA DA SESIÓN DO TRIBUNAL PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE CAPATAZ DE PROTECCIÓN CIVIL. PERSOAL LABORAL FIXO.

O tribunal publica o resultado da baremación das persoas aspirantes do proceso selectivo de capataz/a de Protección Civil, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a acta do tribunal co resultado da baremación. 

Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da devandita baremación segundo se establece na base oitava.


De acordo co previsto na base décima, elevar á Alcaldía a referida relación de aspirantes para proceder ao nomeamento como capataz de Protección Civil, a D. Julio Golán Míguez, con DNI ***8558** por ser a persoa aspirante que acadou a maior puntuación no proceso selectivo.


Propoñer á Alcaldía a creación dunha bolsa de traballo para a praza convocada coas persoas aspirantes finalmente non seleccionadas.

Publicado en teo.gal o 23/06/2023.

 

LISTA DEFINITIVA. ESTABILIZACIÓN. CAPATAZ/A DE PROTECCIÓN CIVIL. PERSOAL LABORAL FIXO.

 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de capataz de protección civil, persoal laboral fixo.

 

Consulta aquí a lista definitiva 

No decreto de aprobación da lista definitiva tamén se nomea o tribunal cualificador. 

Convócase aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 14 de xuño ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Concello, aos efectos de constitución do tribunal e valoración dos méritos achegados polas persoas aspirantes.

Publicado en teo.gal o 7 de xuño de 2023. 

LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN.  CAPATAZ/A DE PROTECCIÓN CIVIL.  PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de capataz de protección civil, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a listaxe provisional.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

O prazo esténdese do 30 de xaneiro ao 10 de febreiro de 2023.

Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:

  • Presentarase a instancia empregando o modelo oficial publicado na páxina web e que podes descargar premendo aquí ou o publicado no Boletín Oficial da Provincia.
  • En  canto á relación de méritos, deberá presentarse a mesma nun documento indicando nome e apelidos da persoa aspirante, DNI e detallarase a documentación que se presentou ao respecto: cursos, contratos, tomas de posesión, vida laboral, etc.

Publicado en teo.gal o 27 de xaneiro de 2023.

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. CAPATAZ/A DE PROTECCIÓN CIVIL.  

Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro. 

BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de capataz/a de protección civil, persoal laboral, pertencente ao Servizo Municipal de Emerxencias, grupo C, subgrupo C2, categoría capataz encargado. 

Consulta aquí o anuncio completo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de capataz/a de protección civil.  

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado". 

O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023. 

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso. 

Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022. 

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. CAPATAZ/A DE PROTECCIÓN CIVIL.

DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Consulta aquí o anuncio completo.

O anuncio inclúe a convocatoria da praza de capataz/a de protección civil, persoal laboral, pertencente ao Servizo Municipal de Emerxencias, grupo C, subgrupo C2, categoría capataz encargado.  

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE CAPATAZ/A DE PROTECCIÓN CIVIL. 

O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO

O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Convócase a praza de capataz/a de protección civil, persoal laboral, pertencente ao Servizo Municipal de Emerxencias, grupo C, subgrupo C2, categoría capataz encargado.  

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.