O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Con data 11/08/2017 celebrouse a Mesa de Contratación para a apertura dos sobres A documentación das proposicións presentadas para a adxudicación, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra denominada Colector Espasande A Ínsua, incluída no PAI 2016.
De acordo co establecido na cláusula 15.1 do Prego de cláusulas administrativas, a Mesa acordou propoñer ao órgano de contratación a composición do Comité de Expertos por parte dos seguintes membros:
- D. Alberto Iglesias Fungueiriño, Arquitecto do Concello de Riveira.
- D. Diego Breiga Argomaniz, Arquitecto do Concello de Santiago.
- D. Miguel Fernández Solís, Enxeñeiro do Concello de Santiago.
Vista a Resolución da Alcaldía do 6 de xullo de 2017 (Res. 598) relativa á avocación da competencia, e en uso das facultades conferidas pola disposición adicional segunda do Texto Refundido da Lei de contratos do sector público,
En virtude do exposto e no uso das facultades que me confire o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativa aplicable,
RESOLVO:
Primeiro.- Nomear como membros do Comité de Expertos, que deberán efectuar a valoración da documentación contida nos Sobres B “Referencias técnicas”, onde se conteñen os criterios non avaliables mediante fórmulas, a:
- D. Alberto Iglesias Fungueiriño, Arquitecto do Concello de Riveira.
- D. Diego Breiga Argomaniz, Arquitecto do Concello de Santiago.
- D. Miguel Fernández Solís, Enxeñeiro do Concello de Santiago.
Segundo.- Publicar a presente resolución no Perfil do contratante do Concello de Teo e notificar a presente aos interesados, con sinalamento dos recursos procedentes.
Terceiro.- Dar conta da presente resolución ao Pleno da Corporación, na primeira sesión ordinaria que se celebre.
Teo, asinado na data que figura na marxe”
Attachment | Size |
---|---|
Colector Espasande.pdf | 85.84 KB |