O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DAS PARCELAS DAS HORTAS URBANAS.
Realizado o sorteo para a adxudicación das parcelas das hortas urbanas municipais de Campos de Mirabel - Calo e de Tras do Eixo - Cacheiras, o 15 de decembro de 2022, e conforme ao disposto na cláusula 9 do Prego de condicións para autorizar o uso privativo das citadas parcelas, formúlase a seguinte proposta de adxudicación que podes consultar premendo aquí.
Consulta aquí o resultado do sorteo
A presente proposta publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello a efectos de reclamacións, por prazo de 3 días hábiles, tal como establece a cláusula nove do Prego de condicións aprobado para a concesión de ditas parcelas, rematando polo tanto o mércores 21 de decembro
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022.
LISTA PERSOAS ADMITIDAS E DATA DO SORTEO
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas no proceso de concesión das hortas urbanas.
Consulta aquí a lista completa.
Tamén se fai pública a data do sorteo público das parcelas que terá lugar o vindeiro xoves 15 de decembro ás 11:30h no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Teo.
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
CONVOCATORIA CONCESIÓN DAS HORTAS URBANAS.
Publícase o Prego de condicións para autorizar o uso privativo das 13 parcelas da horta urbana municipal de Calo e das 12 parcelas da horta urbana municipal de Cacheiras, conforme ao establecido no Regulamento de funcionamento de hortas urbanas municipais do Concello de Teo, publicado no BOP da Coruña de 20 de maio de 2014 (en adiante, Regulamento).
A horta urbana municipal de Calo está situada no lugar de Fixo, urbanización Campos de Mirabel, dentro da parcela 22 do proxecto de compensación do SAUR 2, e ten unha superficie de 720 m2 , que se distribúen en 13 parcelas.
A horta urbana municipal de Cacheiras está situada no lugar de Tras do Eixo, parcela 177 do polígono 503, e ten unha superficie de 1.214 m2 , que se distribúen en 12 parcelas.
De acordo co exposto, ao presente prego incorpóranse como anexo I os planos nos que se describen a situación das parcelas coa correspondente numeración, ofertándose 13 parcelas da horta municipal de Calo, e 12 da horta urbana municipal de Cacheiras, de acordo co procedemento establecido neste Prego.
De acordo co disposto no artigo 8 do Regulamento, reservarase un 20% das parcelas para casos de emerxencia social informados polos Servizos Sociais do Concello de Teo e outro 20% das parcelas para persoas maiores de 65 anos.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución na web municipal. O prazo estenderase do 17 ao 30 de novembro de 2022.
Lugar e prazo de presentación.
As solicitudes para ser persoa adxudicataria das parcelas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, de 8 a 14 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (en adiante LPAC), durante o prazo de 10 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web do Concello de Teo (sen prexuízo así mesmo da súa publicación no taboleiro de anuncios) e utilizándose a estes efectos o modelo incorporado ao presente como anexo II. O prazo vai do 17 ao 30 de novembro de 2022.
As solicitudes que se recibiran fóra do prazo fixado neste Prego non serán admitidas, agás o previsto no parágrafo seguinte para as solicitudes remitidas en calquera dos rexistros, distintos do rexistro municipal, previstos no artigo 16.4 da LPAC. Nestes casos, a persoa interesada deberá acreditar dito envío o mesmo día que se produza, adxuntando o comprobante ou xustificante no correo municipal secretaria@teo.gal. Sen cumprir tal requisito non será admitida a solicitude no caso de que se reciba con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado na presente cláusula.
A presentación das solicitudes de adxudicación de parcelas supón a aceptación incondicional do Prego de condicións e de cantas obrigas se deriven do mesmo.
Formalidades e documentación.
A documentación que debe presentarse é a seguinte:
Consulta aquí o prego completo
Descarga aquí a solicitude
Attachment | Size |
---|---|
4.- PREGO CONDICIONS HORTAS URBANAS def. ASDO..pdf | 2.35 MB |
CERTIF. RES. APROB. PREGOS E CONV..pdf | 57.57 KB |
ANEXO_hortas.pdf | 71.46 KB |
Certif. Res LISTA HORTAS URBANAS DEC. 2022.pdf | 61.49 KB |
Lista proposta adxudicación hortas 15.12.22.pdf | 161.26 KB |