O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O grupo de participación da infancia e adolescencia do noso concello, As Toupas de Teo, están traballando sobre o dereito á non discriminación e á igualdade. Coincidindo co Día Internacional do Libro, convócase un concurso de debuxo para ilustrar o conto que este grupo redactou.
O tema elixido do conto versa sobre a discriminación no acceso á vivenda e as dificultades da xente migrante á hora de atopar vivenda, propoñendo solucións baseadas nos valores da empatía, a xustiza e o valor da vida en comunidade.
Para ilustrar este conto de 8 capítulos, convócase un concurso de debuxo para implicar á infancia e á adolescencia dos centros educativos do concello, concretamente os que cursan 5º e 6º de primaria e 1º, 2º e 3º da ESO, co fin de facer máis colectivo e representativo este traballo.
O prazo para a presentación dos 8 debuxos (un por cada capítulo do conto) comeza o vindeiro luns, 27 de abril, e finaliza o venres 15 de maio.
| Attachment | Size |
|---|---|
| Decreto Bases concurso de debuxo.pdf | 130.21 KB |
| Guión do conto.pdf | 54.88 KB |
| cartel concurso.jpeg | 333.88 KB |