O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase a aprobación da constitución da bolsa de emprego de administrativo/a, coa relación de aspirantes que podes consultar premendo aquí.
Publicado en teo.gal o 12 de novembro de 2021.
Publícanse aos resultados do primeiro exercicio do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contrataicón con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo.
Publicada o 29/09/2021 a plantilla co resultado do primeiro exercicio da fase de oposición, e reunido o Tribunal na sesión do 05/10/2021, este acordou admitir e estimar as alegacións presentadas polas persoas aspirantes D.ª Sara Luisa Pena Fraguela (rexistro de entrada núm. 202190000000785 do 29/09/2021), D.ª Alexandra Rodríguez VarelaGrandal (rexistro de entrada núm. 202199900002596 do 30/09/2021), D.ª Marta María Pazos Cutrín (rexistro de entrada núm. 202199900002598) e D.ª María Marcos Torres (rexistro de entrada 5161 do 01/10/2021), anulando a pregunta 76 do exercicio, e substituíndoa pola primeira pregunta de reserva. Rematada a corrección dos exercicios na sesión do 21/10/2021, publícase a puntuación acadada polas persoas aspirantes:
Consulta aquí a puntuación acadada
Tamén se pode consultar xa a a orde de prelación da bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo premendo aquí.
Publicado en teo.gal o 26 de outubro de 2021
Publícase a plantilla do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo.
Consulta aquí a plantilla
Publicado en teo.gal o 29 de setembro de 2021.
Comunícase que o primeiro exercicio do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo, que fora adiado no seu momento por mor da situación sanitaria, TERÁ LUGAR O MARTES 28 DE SETEMBRO DE 2021, ÁS 11:30 H, no Restaurante Los Robles (Travesía de Montouto, 32 - Cacheiras-Teo).
Publicado en teo.gal o 8 de setembro de 2021
O Concello de Teo resolve adiar o 1º exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo, ata que o Concello de Teo baixe a incidencia actual e se sitúe nunha situación favorable, a xuízo do Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19.
Podes ver aquí a Resolución de Alcaldía.
Publicado en teo.gal o 04/08/2021.
Publícase a resolución pola que se aproba a lista definitiva de persoas admitidas e excluidas para a bolsa de emprego de persoal administrativo.
Consulta aquí a lista completa
Faise público tamén que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día luns 9 de agosto de 2021, ás 11.30 horas, no Restaurante Los Robles, travesía de Montouto, nº 32, Cacheiras, Teo. As persoas aspirantes deberán presentar a documentación identificativa.
Publicado en teo.gal o 1 de xullo de 2021.
Publícase a resolución pola que se aproba a lista provisional para a bolsa de emprego de persoal administrativo.
Consulta aquí a lista provisional
O prazo para emenda ou subsanación é de 5 días hábiles polo que o prazo é do martes 16 e o martes 23 de marzo, ambos os dous incluídos.
Publicado en teo.gal o 15 de marzo de 2021.
Publícase no DOG número 25 de 8 de febreiro o ANUNCIO da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo.
A Resolución da Alcaldía nº 6/2021, do 5 de xaneiro de 2021, aprobou a convocatoria e as bases específicas reguladoras do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo, mediante o sistema de oposición.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 9, do 15 de xaneiro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo www.teo.gal.
Publícase a instancia para participar no proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego de persoal administrativo.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación no DOG, polo que o prazo esténdese desde o 9 ao 22 de febreiro, ambos os dous incluídos.
Publicado en teo.gal o 8 de febreiro de 2021.
Publícase no BOP número 9 do 15 de xaneiro o anuncio da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo.
A Resolución da Alcaldía nº 6/2021, de data 5 de xaneiro de 2021, aprobou a convocatoria e as Bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.
Publicado en teo.gal o 15 de xaneiro de 2021.
Attachment | Size |
---|---|
Lista provisional_bolsapersoaladministrativo.pdf | 110.12 KB |
basesbolsapersoaladministrativo.pdf | 122.57 KB |
Modelo_instancia_bolsa_persoal_administrativo.pdf | 76.07 KB |
lista definitiva_bolsaadministrativo.pdf | 106.1 KB |
Certif. Res adiamento 1 exercicio.pdf | 82.67 KB |
ANUNCIO NOVA DATA 1º EXERCICIO ADMTVOS-AS.pdf | 149.79 KB |
TABLÓN PRIMER EJERCICIO BOLSA ADMINSITRATIVO.pdf | 233.86 KB |
Publicación cualificacións 1º exercicio e orde de prelación.pdf | 169.87 KB |
Resolución aprobación bolsa.pdf | 88.49 KB |