O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
RESULTADO DA BAREMACIÓN E PROPOSTA DE CONTRATACIÓN
Publícase o resultado da baremación do proceso selectivo para a contratación dun/dunha axende de igualdade para o Concello de Teo e a proposta de contratación realizada polo tribunal.
Consulta aquí o resultado do proceso de selección.
Publicado en teo.gal o 4 de xaneiro de 2022.
RESULTADOS PROBA PRÁCTICA CONTRATACIÓN AXENTE DE IGUALDADE
Publícase o resultado da proba práctica do proceso selectivo para a contratación dun/dunha axende de igualdade para o Concello de Teo.
Consulta aquí o resultado.
O tribunal acorda reunirse o día 4 de xaneiro de 2022 ás 09:00 horas para efectuar a valoración dos méritos achegados polas persoas que superaron a fase de oposición.
Publicado en teo.gal o 3 de xaneiro de 2022.
LISTA DEFINITIVA PERSOAS ADMITIDAS AXENTE IGUALDADE PARA O CIM E DATA DE EXAME.
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/dunha axente de igualdade para o Concello de Teo.
Consulta aquí a lista definitiva
Convócase ás aspirantes neste proceso selectivo para a realización da proba práctica (base séptima das bases que rexen a convocatoria) o xoves 23 de decembro de 2021 ás 09:00 horas.
A proba realizarase na aula de informática municipal, situada no Auditorio Municipal Constante Liste, na Rúa da Lagoa. (https://goo.gl/maps/cUBSTkvedVh1FAWBA)
As persoas aspirantes deberá vir acompañadas do seu documento de identidade para acreditar a mesma.
Publicado en teo.gal o 22 de decembro de 2021.
LISTA PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS AXENTE IGUALDADE PARA O CIM
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/dunha axente de igualdade para o Concello de Teo.
As aspirantes excluídas, ou as omitidas, na relación de persoas admitidas e excluídas, disporán dun prazo de dous (2) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da lista na web e no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos.
O prazo de reclamacións vai do 20 ao 21 de decembro de 2021.
Publícanse as bases que rexen a convocatoria para a contratación, polo sistema de concurso-oposición, dunha persoa como axente de igualdade para o CIM do Concello de Teo.
Consulta aquí as bases completas.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2021.
Attachment | Size |
---|---|
BASES AXENTE IGUALDADE.pdf | 126.45 KB |
lista provisional corrixida axente de igualdade.pdf | 369.02 KB |
Lista defininitiva axente igualdade.pdf | 332.94 KB |
Resultado proba práctica axente de igualdade.pdf | 324.41 KB |
Resultado proceso axente igualdade.pdf | 316.56 KB |