O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Contratación traballadores forestais. APROL RURAL 22.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

RESULTADO PROCESO SELECTIVO E PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

Publícase o resultado do proceso selectivo para ocupar tres postos de traballadores/as forestais para o Concello de Teo (Aprol rural 22) e a proposta de contratación.

Consulta aquí o resultado e a proposta de contratación

Publicado en teo.gal o 13 de xuño de 2022.

CORRECCIÓN DE ERROS NA BAREMACIÓN

Detectado un erro na baremación de méritos das persoas aspirantes aos postos de traballaodor forestal (Aprol rural 22) publícase de novo a listaxe.

Consulta aquí a listaxe corrixida.

Mantense a data da proba o luns 13 de xuñño ás 11:00 h. na Casa do Concello.

Publicada en teo.gal o 13 de xuño de 2022.

BAREMACIÓN E DATA DE EXAME

Publícase o resultado da baremación de méritos das persoas aspirantes no proceso selectivo para ocupar tres postos de traballadores/as forestais para o Concello de Teo (Aprol rural 22). 

Consulta aquí o resultado.

O tribunal empraza ás persoas aspirantes no Salón de plenos do Concello, para a realización da fase de oposición, o luns 13 de xuño ás 11:00 horas. Lémbraselles que deben traer o documento de identidade.

Publicado en teo.gal o 10 de xuño de 2022.

LISTAXE DEFINITIVA CONTRATACIÓN TRABALLADORES FORESTAIS. APROL RURAL 22.  

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar tres postos de traballadores/as forestais para o Concello de Teo (Aprol rural 22). 

Consulta aquí a listaxe definitiva. 

Convócase ao tribunal para o venres 10 de xuño de 2022 ás 11:00 horas na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes. 

Publicado en teo.gal o 9 de xuño de 2022. 

LISTAXE PROVISIONAL CONTRATACIÓN TRABALLADORES FORESTAIS. APROL RURAL 22. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar tres postos de traballadores/as forestais para o Concello de Teo (Aprol rural 22). 

Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas e excluídas. 

As persoas excluídas dispoñen dun prazo de dous (2) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do concello para reclamacións ou subsanacións. O prazo esténdese do martes 7 ao mércores 8 de xuño de 2022, ambos incluídos.  

De non presentarse reclamacións ou subsanacións no prazo sinalado a lista provisional elevarase a definitiva. 

Este proceso selectivo está destinado a contratar a tres persoas desempregadas como traballadoras forestais, dentro do Programa Aprol rural 22, subvencionado pola Xunta de Galicia. 

As peroas serán contratadas durante 9 meses a xornada completa. O proceso selectivo iniciouse, como indican as bases, mediante presentación de oferta de emprego no SPEG. 
Podes consultar aquí as bases do proceso selectivo. 

Publicado en teo.gal o 6 de xuño de 2022.