O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

CONVOCATORIA E BASES PARA A PRAZA DE ADMINISTRATIVA/O - ÁREA SERVIZOS XERAIS

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

O BOP número 241,  do 17 de decembro de 2025, publica o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por funcionaria/o de carreira, dunha (1) praza de administrativa/o, Área de Servizos Xerais, correspondente á oferta de emprego público 2024.

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1593/2025, de 11 de decembro, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de administrativa/o, Área de Servizos Xerais , mediante o sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da devandita Resolución no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e que poden consultar no arquivo adxunto. 

Arquivos
Attachment Size
1 Anuncio BOP publicado.pdf 187.62 KB