O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Información sobre as listaxes PROVISIONAIS de solicitudes admitidas para o DiverTeo de setembro 2024.
1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:
1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/24. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/24-1).
2. O período de pagamento é do 15 ao 26 de xullo.
Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
3. A listaxe definitiva será publicada o 5 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
4. A listaxe de agarda confeccionase tendo en conta a prioridade das crianzas censadas no concello de Teo e a orde de inscrición. De producirse baixas ou a non matrícula de xeito correcto dalgunha persoa inicialmente admitida, poderanse completar as prazas vacantes coa orde no que están inscritas as crianzas neste listado de agarda. Para isto, comunicaráselle de xeito inmediato mediante chamada telefónica, e abrindo un prazo especial de 3 días para formalizar a matrícula. As baixas ou non matriculacións que se produzan con menos de tres días hábiles do comezo da actividade só se cubrirán con crianzas que teñan solicitado o mesmo centro no que se produciu a baixa.
---- x ----
PARTICIPANTES:
Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.
HORARIO:
Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.
Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.
LUGAR:
CEIP de Calo, A Ramallosa e Os Tilos.
IMPORTANTE: O Concello resérvase o dereito de realizar as actividades en dous centros e incluso en un único, se despois do prazo de inscrición, non se chega á ratio mínima de participantes nalgún destes.
DATAS: do 2 ao 10 de setembro (7 días).
INSCRICIÓN: do 2 ao 11 de xullo.
documentación obrigatoria para todas as solicitudes:
Folla de inscrición.
Foto tamaño carné da crianza.
Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.
Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso).
Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda a custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
documentación obrigatoria para acceder ás bonificacións:
Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
Xustificación do acollemento (de ser o caso).
Declaracións da renda do exercicio 2023 ou certificado negativo relativo da obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.
LISTAXE PROVISIONAL: 12 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
identificación das participantes nas listaxes:
No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/24
No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/24
PAGAMENTO: do 15 ata o 26 de xullo.
Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente) da dita Entidade. Así mesmo, pode realizar o pago da mesma a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
LISTAXE DEFINITIVA: 5 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PREZO DIARIO:
Cada programa págase completo, NON por días soltos.
A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50 € diarios.
A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50 € ao día.
A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 € por día.
A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:
As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).
IMPORTANTE:
NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS,
A RESERVA DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.