O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
PARTICIPANTES:
Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.
HORARIO:
Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.
Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.
LUGAR:
CRA de Teo (escola da Casalonga), CEIP A Ramallosa e CEIP Os Tilos.
IMPORTANTE: O Concello resérvase o dereito de realizar as actividades en dous centros e incluso en un único, se despois do prazo de inscrición, non se chega á ratio mínima de participantes nalgún destes.
DATAS: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (10 días).
INSCRICIÓN: do 5 ao 14 de novembro.
documentación obrigatoria para todas as solicitudes:
Folla de inscrición.
Foto tamaño carné da crianza.
Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.
Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso).
Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda a custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
documentación obrigatoria para acceder ás bonificacións:
Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
Xustificación do acollemento (de ser o caso).
Declaracións da renda do exercicio 2024 ou certificado negativo relativo da obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.
Se algún dos documentos foi presentado nalgún outro programa de conciliación do actual curso 2025-2026 (Diverteo setembro, Teomadruga ou Teocoida), sinalar en cal deles.
LISTAXE PROVISIONAL: 19 de novembro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
identificación das participantes nas listaxes:
No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/25. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/25-1).
No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/25. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/25-1).
PAGAMENTO: do 20 de novembro ata o 5 de decembro.
Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento ten varias opcións:
Realizar o pago de forma presencial en ABANCA( ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático).
En caso de ser cliente de Abanca, tamén pode realizar o pago na banca electrónica da propia Abanca no apartado de pago de recibos.
Ou ben pagar a través da Oficina virtual tributaria ( https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/) no apartado de “pagar” o que lle dirixirá a pasarela de pagos de Abanca. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para o pago, en caso de non ser cliente de Abanca, deberá marcar o apartado "mediante a pasarela de Ceca".
LISTAXE DEFINITIVA: 11 de decembro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PREZO DIARIO:
Cada programa págase completo, NON por días soltos.
A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50 € diarios.
A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50 € ao día.
A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 € por día.
A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:
As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).
IMPORTANTE:
NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS,
A RESERVA DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.
| Attachment | Size |
|---|---|
| información xeral diverteo NADAL 2025.pdf | 109.18 KB |
| FICHA INSCRICION DIVERTEO NADAL 2025.pdf | 206.3 KB |