O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

DIVERTEO SETEMBRO 2026

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

DIVERTEO SETEMBRO 2026


PARTICIPANTES:

Crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.

 

HORARIO:

  • Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.

  • Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.


LUGAR:

CEIP de Tilos, de Calo e da Ramallosa

IMPORTANTE: O Concello resérvase o dereito de realizar as actividades en dous centros e incluso nun único, se despois do prazo de inscrición, non se chega á ratio mínima de participantes nalgún destes.

 

DATAS: do 1 ao 8 de setembro (6 días).

INSCRICIÓN: do 1 ao 13 de xullo.

  • documentación obrigatoria para todas as solicitudes:

  • Folla de inscrición.

  • Foto tamaño carné da crianza.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.

  • Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso).

  • Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda a custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).

     

  • documentación obrigatoria para acceder ás bonificacións:

  • Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).

  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).

  • Xustificación do acollemento (de ser o caso).

  • Declaracións da renda do exercicio 2025 ou certificado negativo relativo da obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.


LISTAXE PROVISIONAL: 16 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

  • identificación das participantes nas listaxes:

    • No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/26. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. 1010/26-1).

    • No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/26. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/26-1).

PAGAMENTO: do 17 ao 31 de xullo.

Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.

En canto ao pagamento ten varias opcións: 

  • Realizar o pago de forma presencial en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático). 

  • En caso de ser cliente de Abanca, tamén pode realizar o pago na banca electrónica da propia Abanca no apartado de pago de recibos.

  • Ou ben pagar a través da Oficina virtual tributaria (https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/) no apartado de “pagar” o que lle dirixirá a pasarela de pagos de Abanca. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para o pago, en caso de non ser cliente de Abanca, deberá marcar o apartado "mediante a pasarela de Ceca".

LISTAXE DEFINITIVA: 7 de agosto na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.

PREZO DIARIO:

Cada programa págase completo, NON por días soltos.

  • A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50 € diarios.

  • A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50 € ao día.

  • A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 € por día.

  • A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.

EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:

As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 62, do 6 de abril de 2026).

IMPORTANTE:

NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS,

A RESERVA DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.