O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30/04/2025, acordou aprobar inicialmente o estudo de viabilidade económica financeira para o Contrato de Concesión dos servizos nas instalacións deportivas municipais da piscina cuberta climatizada da Ramallosa e da piscinas de verán de Insua (Luou) e Os Tilos no Concello de Teo.
De acordo cos artigos 285.2 en relación co 247.3 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público sométese a información pública mediante anuncio no Taboleiro de edictos do Concello, no BOP de A Coruña e na sede electrónica do concello durante o prazo dun mes a contar dende a publicación do anuncio no BOP, a fin de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que estimen pertinentes. Poderase consultar no portal de transparencia (https://teo.gal/gl) e na sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/sxc/gl/informacion/).
| Attachment | Size |
|---|---|
| 1.1.- ANUNCIO BOP - 7.5.25.pdf | 101.99 KB |