O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
DECLARACIÓN DESERTO: Por Resolución da Alcaldía de data 11 de maio de 2017 declarouse deserta a licitación do expediente de contratación do servizo de LIMPEZA DE CENTROS DE SAÚDE E INSTALACIÓNS EDUCATIVAS DO CONCELLO DE TEO, ao non presentarse ningún licitador, procedendo ao arquivo do expediente.
Publicado no Perfil do Contratante o día 12 de maio de 2017.
Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións faise público que a mesa de contratación estará constituída do modo seguinte:
Presidente: O alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa
Vogais:
Secretaria: D.ª M.ª Pilar sueiro Castro, adxunta á secretaría do Concello de Teo.
No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, polo concelleiro de servizos básicos, D. Xurxo Francos Liñares; a concelleira do grupo municipal do PP por D.ª María Vázquez Rey, concelleira do mesmo grupo municipal e a secretaria da mesa, por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos administrativos.
Así mesmo faise público que a mesa constituirase para a apertura dos sobres A "Documentación administrativa" o día 25 de abril ás 10:00 horas nas dependencias municipais.
A Apertura dos sobres B "Proposición económica" producirase o día 28 de maio, ás 10: 00 horas en acto público na Casa do Concello.
Publicouse no Perfil do Contratante o día 10 de abril de 2017.
Por Resolución da Alcaldía do 17/03/17 aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, cun único criterio de valoración, para a adxudicación do servizo de LIMPEZA DE CENTROS DE SAÚDE E INSTALACIÓNS EDUCATIVAS DO CONCELLO DE TEO, de acordo coas seguintes características:
1.–Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Teo
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral
c) Número de expediente: 2017/S-5
2.–Obxecto do contrato
a) Tipo de contrato: Contrato de servizos
b) Descrición do obxecto: Limpeza de centros de saúde e instalacións educativas do Concello de Teo. Código CPV – 90911000-6
c) Duración do contrato: dous anos, sen posibilidade de prórroga
3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto, único criterio de valoración (factor prezo)
4.–Tipo de licitación:
a) Valor estimado do contrato: 186.000,00€
b) Prezo base de licitación: 112.530,00€ anuais, IVE engadido (93.000,00€ anuais, sen IVE, máis 19.530,00€ anuais de IVE)
5.– Clasificación: Non se esixe
Clasificación a efectos de acreditar a solvencia económica e financieira e a solvencia técnica: Grupo U, subgrupo 1, categoría 2
6.- Garantías:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 5% do importe total de adxudicación
7.–Obtención de documentación. Concello de Teo-Secretaría Xeral. Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401. Páxina web do Perfil de contratante: www.teo.gal
8.– Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello (Travesía da Ramallosa, 38 – Lucí-Teo), de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia
b) Documentación a presentar:
A documentación presentarase en sobres pechados e asinados polo licitador:
9.- Criterios de valoración:
Para a valoración das proposicións terase en conta un único criterio de valoración, factor prezo.
10.–Apertura das ofertas
O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil de Contratante do Concello de Teo
11.–Máis información:
Secretaría Xeral do Concello de Teo ou no Perfil de Contratante (www.teo.gal).
12.–Pregos
Son de aplicación os Pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas aprobados pola Resolución da Alcaldía de data 17/03/17
Teo, 23 de marzo de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
Publicado no BOP nº 59 do 28 de marzo de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.
Attachment | Size |
---|---|
pregodeclausulasadministrativas.pdf | 959.22 KB |
pregodeprescricionstecnicas.pdf | 465.18 KB |