O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase a información sobre as listaxes actualizadas no mes de abril de 2024 de solicitudes e adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais.
Consulta aquí a listaxe. Curso 2023-2024:
Os expedientes están identificados do seguinte xeito:
1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/23 ou 24 (en función do ano de presentación da solicitude).
1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica do concello: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23 ou 24 (en función do ano de presentación da solicitude).
1.3. No caso de presentación a través da sede electrónica da Xunta: RX últimos catro díxitos do número de rexistro/23 ou 24 (en función do ano de presentación da solicitude).
Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula no período indicado, de non ser así perderíase a praza.
O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios e no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.
As persoas ás que se lles adxudicou praza disporán dun máximo de 15 días naturais para incorporarse ao centro dende a recepción do chamamento, previa formalización da matrícula.
As persoas que eran solicitantes de varios centros, e non conseguiron praza na súa opción preferente, aparecerán nas distintas listaxes indicando no seu caso se conseguen praza nunha opción non preferente. Non obstante unha vez confirmada unha adxudicación de praza nun centro, somentes poderán permanecer na listaxe de agarda dese mesmo centro en horario distinto ao concedido.
É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non esquezan cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.
A formalización da matrícula pode facerse:
7.1. Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula.
7.2. Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula.
O horario no que debe efectuarse a matrícula debe corresponderse co horario concedido nas listaxes definitivas. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos:
O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.
Nota explicativa das abreviaturas e observacións empregadas na elaboración das listaxes
“R ou puntos en NI”: indica se se trata dunha solicitude que accede a través de reserva de praza (R) ou novo ingreso (NI). Neste último caso o dato que se inclúe na columna refírese á puntuación definitiva.
“Praza” ou “Agarda”: na columna denominada “situación” aparece unha destas dúas posibilidades en función de se a persoa consegue praza de maneira definitiva (“Praza”) ou se, no seu caso, se incorporaría ás solicitudes en listaxe de agarda (“Agarda”) para este curso e con posibilidade de incorporación en función de que se produzan vacantes.
“Praza*”: trátase dunha praza xa adxudicada en anteriores reunións da comisión.
“praza T”, “praza C” ou “praza R” indica no caso de solicitudes para varios centros aquel en que, no seu caso, conseguiu praza.
Unha vez efectuada a matrícula na praza adxudicada as solicitudes serán eliminadas da listaxe de agarda dos outros centros, permanecendo unicamente en agarda no mesmo centro no que conseguen praza, caso sexan solicitantes doutra quenda distinta á aquela na que se matriculan.
Indica a concorrencia dalgunha das circunstancias reguladas na normativa que determinan a prioridade no acceso a praza como:
“NEAE”: Nenos/as con necesidade específicas de apoio educativo.
“FTE”: Filla/o de traballadora/or das escolas.
“IPC: Irmá/irmán con praza no centro.
Attachment | Size |
---|---|
CURSO 2023-2024 ACTUALIZACION ABRIL 2024.pdf | 219.15 KB |
domiciliación taxa EIM_5.pdf | 75.73 KB |
información sobre as listaxes CURSO 2023-2024 actualizacion ABRIL 2024.pdf | 131.19 KB |
MATRICULA EXTRAORDINARIA 2023-2024_2.pdf | 93.49 KB |