O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito:
No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/25
No caso de presentación a través da sede electrónica do concello: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/25
No caso de presentación a través da sede electrónica: REGAGE últimos catro díxitos do número de rexistro/25
No caso de presentación a través do Rexistro da Xunta de Galicia: RX últimos catro díxitos do número de rexistro/25
Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 1 AO 16 DE XUÑO, AMBOS INCLUÍDOS, de non ser así perderíase a praza.
O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.
Todas as persoas que se matriculen deben achegar:
Declaración da renda do ano 2024 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.
Xustificación documental de que a crianza se atopa ao día no seguimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
No caso de aquelas crianzas que figuran como pendentes de nacemento, deberán achegar tamén a xustificación documental de que a crianza naceu antes do 1 de xuño.
Domiciliación bancaria selada pola entidade ou acompañada de documentación xustificativa da titularidade.
É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.
A formalización da matrícula pode facerse:
Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa declaración da renda e o libro de vacinación.
Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula, a declaración da renda e o libro de vacinación.
Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos:
Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas).
Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas).
Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación:
Almorzo: 7:30 a 9:00 horas
Xantar: 12:30 a 14:00 horas
Merenda: 17:00 a 18:00 horas
O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.
| Attachment | Size |
|---|---|
| MATRICULA ORDINARIA 2025-2026.pdf | 103.57 KB |
| LISTAXES DEFINITIVAS CURSO 2025-2026.pdf | 201.52 KB |
| domiciliación taxa EIM_9.pdf | 76.21 KB |