O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Listaxes definitivas de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2024-2025

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

Publícanse as listaxes definitivas de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2024-2025. 

  1. Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito:

    1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/24.

    2. No caso de presentación a través da sede electrónica do concello: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/24.

    3. No caso de presentación a través da sede electrónica: REGAGE últimos catro díxitos do número de rexistro/24.

  2. Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 1 AO 15 DE XUÑO, AMBOS INCLUÍDOS, de non ser así perderíase a praza.

  3. O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.

  4. Todas as persoas que se matriculen deben achegar:

    1. Declaración da renda do ano 2023 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.

    2. Xustificación documental de que a crianza se atopa ao día no seguimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación. 

    3. No caso de aquelas crianzas que figuran como pendentes de nacemento, deberán achegar tamén a xustificación documental de que a crianza naceu antes do 1 de xuño.

    4. Domiciliación bancaria selada pola entidade ou acompañada de documentación xustificativa da titularidade.

  5. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación.

  6. A formalización da matrícula pode facerse:

  • Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa declaración da renda e o libro de vacinación.

  • Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula, a declaración da renda e o libro de vacinación.

  1. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos:

  • Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas).

  • Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas).

  • Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación:

  • Almorzo: 7:30 a 9:00 horas

  • Xantar: 12:30 a 14:00 horas

  • Merenda: 17:30 a 18:30 horas

O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.



----------



Publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís Municipais para o curso 2024-2025. 

  1. Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito:

    1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/24

    2. No caso de presentación a través da sede electrónica do concello: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/24

    3. No caso de presentación a través da sede electrónica: REGAGE últimos catro díxitos do número de rexistro/24

  2. Recorde que estas listaxes son provisionais, polo que a adxudicación de praza ou a concesión de posto na listaxe de agarda pode variar respecto da listaxe definitiva.

  3. O carácter provisional destas listaxes outorga a posibilidade de que presente RECLAMACIÓNS cando aprecie incorreccións nalgún dos datos da súa solicitude ou se producira un erro de omisión. Estas reclamacións deberán presentarse no rexistro xeral ou ben na sede electrónica do concello DESDE O 1 ATA O 10 DE MAIO (AMBOS INCLUÍDOS) a través de instancia que se acompañe de xustificación documental suficiente.

  4. Esta administración tamén poderá promover de oficio a emenda de erros que se aprecien durante o período de reclamacións.

  5. Se quere consultar o seu expediente debe dirixirse aos servizos sociais comunitarios de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ao teléfono 881 819 356.

  6. Recoméndaselle a todas aquelas persoas que atopen algunha anotación xunto aos seus datos que lle cause dúbida, que consulten nos servizos sociais comunitarios as causas que a motivan.

  7. Lembre que só unha vez que se publiquen as listaxes definitivas se procederá á apertura do prazo de matrícula para todas aquelas persoas que conseguen praza nalgunha das escolas municipais. Este prazo de matrícula desenvolverase entre o 1 e o 15 de xuño (ambos incluídos).

 

Nota explicativa das abreviaturas e símbolos empregados na elaboración das listaxes

R ou puntos en NI”: indica se se trata dunha solicitude que accede a través de reserva de praza (R) ou novo ingreso (NI). Neste último caso o dato que se inclúe na columna refírese á puntuación provisional.

Praza” ou “Agarda”: na columna denominada “situación” aparece unha destas dúas posibilidades en función de se a persoa consegue praza de maneira provisional (“praza”) ou se, no seu caso, se incorporaría ás solicitudes en listaxe de agarda (“agarda”) para este curso e con posibilidade de incorporación en función de que se produzan vacantes.

praza T”, “praza C” ou “praza R” indica no caso de solicitudes para varios centros aquel en que conseguiu praza.

En todo caso, unha vez efectuada a matrícula na praza adxudicada as solicitudes serán eliminadas da listaxe de agarda dos outros centros, permanecendo unicamente en agarda no mesmo centro no que conseguen praza, caso sexan solicitantes doutra quenda distinta á aquela na que se matriculan.

Indica a concorrencia dalgunha das circunstancias reguladas na normativa que determinan a prioridade no acceso a praza como:

  • PU”: Procedente de praza de urxencia no curso 2023-2024.

  • NEAE”: Nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo.

  • FTE”: Filla/o de traballadora/or das escolas.

  • IPR: Irmá/irmán con praza renovada.

 

-- x --

Inicio proceso de solicitudes

Mañá venres, 1 de marzo, ábrese o período para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais de Teo para o vindeiro curso 2024-2025. 

Así, entre o 1 e o 15 de marzo ábrese o prazo para RENOVAR praza para os/as nenos/as que xa están asistindo a algunha das escolas -Calo, A Ramallosa e Os Tilos- e cuxos membros da unidade familiar se atopen empadroados no Concello. Os impresos para renovar entregaranse nas escolas, aínda que tamén se poden descargar na páxina web municipal. En calquera caso, deberanse presentar por rexistro ou a través da sede electrónica dentro do prazo sinalado.

No caso de novas solicitudes, o prazo establecido é entre o 16 e o 31 de marzo para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou cuxa data prevista de nacemento sexa anterior ao 1 de xuño. 

Para ambos casos, os impresos de solicitude poden recollerse nas tres escolas, nos servizos sociais, na web municipal ou no propio Rexistro do Concello. Para presentar os ditos formularios poderase facer en calquera rexistro ou a través da sede electrónica do Concello.

Xornadas de portas abertas

Así mesmo, na primeira semana de marzo terán lugar as xornadas informativas de portas abertas en cada unha das escolas infantís municipais. O luns, 4 de marzo, ás 20.00 horas será na EIM de Calo; o mércores, 6, ás 18.00 horas na EIM dos Tilos e, finalmente, o xoves 7 de marzo ás 20.30 horas na EIM da Ramallosa. 

Para calquera outra información adicional sobre o proceso, os interesados poden chamar ao teléfono 881 819 356, de luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico eimteo@teo.gal.