O Servizo de Bono Social Eléctrico reanúdase este mércores, 4 de setembro, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanúdase este mércores, 4 de setembro, no Salón de Plenos
Publícase a listaxe definitiva das escolas infantís municipais 2022
O prazo de matrícula está aberto do 1 ao 15 de xuño.
Podes descargar o impreso de matrícula, o impreso para a domiciliación bancaria e a documentación coa información necesaria para realizalar o procedemento.
INFORMACIÓN SOBRE AS LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
1. Os expedientes de solicitude de praza (reserva e novo ingreso) están identificados do seguinte xeito:
1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/22
1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/22
2. Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula DO DÍA 1 AO 15 DE XUÑO, AMBOS INCLUÍDOS, de non
ser así perderíase a praza.
3. O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios, no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís.
4. Todas as persoas que se matriculen deben achegar:
➔ Declaración da renda do ano 2021 ou o certificado negativo dos/das responsables legais á maior brevidade posible.
➔ Xustificación documental de que a crianza se atopa ao día no seguimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
➔ No caso de aquelas crianzas que figuran como pendentes de nacemento, deberán achegar tamén a xustificación documental de que a crianza naceu
antes do 1 de xuño.
➔ Domiciliación bancaria selada pola entidade ou acompañada de documentación xustificativa da titularidade.
5. É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non deben esquecer cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen
concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están
interesadas en manter esta situación.
6. A formalización da matrícula pode facerse:
➔ Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula, xunto coa declaración da renda e o libro de vacinación.
➔ Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula, a declaración da renda e o libro de vacinación.
7. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos:
➔ Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas).
➔ Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas).
➔ Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación:
Almorzo: 7:30 a 9:00 horas
Xantar: 12:30 a 14:00 horas
Merenda: 17:30 a 18:30 horas
O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.
Publicado en teo.gal o 23 de maio de 2022.
LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA A ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS EIMs
Reunida a comisión de baremación das escolas infantís municipais publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais para o curso 2022-2023.
Consulta aquí as listaxes provisionais
Información sobre as listaxes:
Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2022.
PRAZO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO.
Teo conta con tres escolas infantís municipais, nos Tilos, en Calo e na Ramallosa.
Abre o prazo para solicitar praza de novo ingreso nas EIMs dende o día 16 ata o 31 de marzo (ambos incluídos).
Esta é a modalidade para as crianzas que non estean asistindo a ningunha das escolas, xa nados ou que teñan unha data prevista de parto que sexa anterior ao 1 de xuño. Os impresos poderanse recoller nas escolas infantís municipais, nos servizos sociais ou descargar premendo aquí
As correspondentes solicitudes poderán presentarse tanto no Rexistro Xeral do Concello como a través da sede electrónica.
No caso dos solicitantes de novo ingreso, a solicitude debidamente cuberta, deber ir acompañada da seguinte documentación.
DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA (De proceder da listaxe de agarda do curso anterior, e non producirse cambios na situación económica e sociofamiliar, non será necesario achegar a documentación)
E nos casos nos que se deba xustificar algunha circunstancia específica pode ser preciso achegar:
Este ano farase unha xornada de portas abertas para que as familias poidan coñecer as instalacións. Será o sábado 19 de marzo e para asistir hai que escribir a eimteo@teo.gal indicando os datos e un teléfono de contacto.
Os horarios das visitas son os seguintes:
Para calquera consulta ou dúbida sobre este procedemento poden dirixirse ao correo electrónico: eimteo@teo.gal ou aos seguintes teléfonos dos Servizos Sociais: 881 819 356 ou 981 809 707.
Attachment | Size |
---|---|
LISTAXES PROVISIONAIS CURSO 2022-2023.pdf | 269.13 KB |
SOLICITUDE DE NOVO INGRESO 2022-2023 (1).pdf | 125.37 KB |
TABOAS informativas puntos 2022-2023.pdf | 82.66 KB |
información sobre as listaxes provisionais CURSO 2022-2023.pdf | 143.02 KB |
información listaxes def.pdf | 104.96 KB |
LISTAXES DEFINITIVAS 2022-2023.pdf | 185.59 KB |
MATRICULA ORDINARIA 2022-2023.pdf | 102.75 KB |
domiciliación taxa EIM.pdf | 82 KB |