O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Novo proceso selectivo de peóns/peoas de obra pública. PEL Concellos 2024.  Terceira convocatoria.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Resultado do proceso selectivo para a contratación de dúas persoas como peóns de obra pública para o Concello de Teo. 

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á Alcaldía a contratación de D. Enrique Amenal Castro e de D. José Vales Mosquera como peóns de obra pública para o Concello de Teo ao abeiro da concesión de subvención da Excma. Deputación de A Coruña, Programa PEL-CONCELLOS 2024, de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL) (BOP nº 206, de 27/10/2023).

 

---- X ----

 

Valoración de méritos do proceso selectivo de peóns/peoas de obra pública. PEL Concellos 2024. 

Publícase a acta de constitución do Tribunal e valoración de méritos neste proceso selectivo. Ademais, emprázase ás persoas aspirantes para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas:
 

  • Martes, 24 de setembro de 2024, ás 12.00 horas na Sala de Xuntas do Concello de Teo. 

 

---- X ----

 

Lista definitiva do proceso selectivo de peóns/peoas de obra pública. PEL Concellos 2024. 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de peón de obra pública para o Concello de Teo (PEL CONCELLOS 24). 

Convócase ao tribunal para o luns 23 de setembro de 2024, ás 09.00 da mañá na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo.